Burgo critica a complacencia da Xunta diante da redución das bolsas Erasmus

Burgo critica a complacencia da Xunta diante da redución das bolsas Erasmus

Burgo critica a complacencia da Xunta diante da redución das bolsas Erasmus

Concepción Burgo sinala que o PP “ataca á igualdade de oportunidades” endurecendo as condicións das bolsas Erasmus

Acusa á Xunta de executar tan só a metade do orzamento previsto para bolsas de estudos

A portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, criticou hoxe a complacencia do goberno galego diante da redución das bolsas Erasmus. A deputada socialista presentou unha pregunta oral na sesión de control á Xunta do Pleno do Parlamento na que dixo que a política de bolsas de estudos do PP vai contra a igualdade de oportunidades e imposibilita a formación académica.

Criticou que a Xunta non defenda aos estudantes galegos fronte á redución da contía e a duración das bolsas Erasmus, ademais de endurecer os requisitos de acceso ás mesmas, por parte do goberno central.

A deputada socialista revelou ademais que no ano 2012 a Xunta deixou sen executar a metade do orzamento de axudas ao estudo orzamentado. Burgo acusou ao goberno galego de “non defender a igualdade de condicións e oportunidades” dos alumnos e alumnas galegos ao respaldar a xestión destas bolsas por parte do goberno central.

Sinalou que a redución da duración destas bolsas ata deixalas nun só semestre en realidade impedirá que os alumnos con mais dificultades económicas poidan realizar un curso de estudos no estranxeiro.

Sen lóxica académica

Advertiu que reducir a estadía á metade “non ten lóxica académica” e dificulta a formación dos alumnos provocando dificultades de convalidacións entre asignaturas entre as universidades galegas e as estranxeiras. Lembrou que a formación de graos é diferente en España e no resto de estados da UE.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar