Burgo considera "un acto de censura" o cese da directora do CDG

Burgo considera "un acto de censura" o cese da directora do CDG

Burgo considera "un acto de censura" o cese da directora do CDG

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, cualificou hoxe o cese da directora do Centro Dramático Galego de “acto de censura” por parte do conselleiro de Cultura. A responsable socialista presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para que a Xunta explique o que considera un “ataque á liberdade de expresión”.

A responsable socialista sinala que o cese de Blanca Cendán, notificado de forma “sorp

resiva e sen ningunha explicación” por parte o conselleiro, produciuse logo de que autorizara un acto do sector escénico con motivo do Día do Teatro no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Sinala que esta reacción por parte do responsable de Cultura da Xunta e do director de Agadic resulta “inasumible nunha sociedade democrática”.

Burgo esixiu ao Goberno galego que dea unha explicación deste cese en sede parlamentaria, así como da “situación na que queda o Centro Dramático galego, que está a sufrir continuados recortes e atrancos no seu desenvolvemento polo actual Goberno da Xunta de Galicia.

Sinala que o cese de Cendán deixa ao organismo “nunha situación mais difícil cando tan só fai 15 días que se presentou a programación para este ano e cando estaba iniciándose o proxecto dunha nova produción do centro”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar