Burgo censura a manipulación nos informativos da CRTVG para crear un estado de opinión favorable ao PP

Burgo censura a manipulación nos informativos da CRTVG para crear un estado de opinión favorable ao PP

Burgo censura a manipulación nos informativos da CRTVG para crear un estado de opinión favorable ao PP

Na comisión de control da CRTVG, ante a negación da mesma por parte do director da compañía, Concepción Burgo exhortou a Sánchez Izquierdo a tomar nota das denuncias dos traballadores de Canal 9 sobre o exercicio da manipulación a longo prazo e as súas consecuencias

O director da CRTVG negou ter recibido chamadas do Goberno ou dos dirixentes populares. “Se non o chaman é porque creen que o fai ben” para os seus intereses, espetoulle Burgo

A parlamentaria socialista, Concepción Burgo, denunciou hoxe a “manipulación da información” nos servizos informativos da CRTVG.

Na sesión de preguntas ao Director Xeral do ente, Alfonso Sánchez Izquierdo, Burgo salientou que a censura informativa “xa non da resultado” e foi remprazada pola manipulación dun xeito máis burdo ou máis sibilino, segundo a información.

Non hai “recortes”, é austeridade ou manexo operativo do gasto, as manifestacións non colapsan rúas, máis ben discorren por elas. Calcúlase ata os perfís dos protagonistas das noticias, para ofrecer o “lado bo” ou o lado malo. Resulta burdo “quitarlle tempo á oposición”, porque “hai unha maneira mellor de facer isto”, dixo Concepción Burgo ao responsable da CRTVG.

Outro exemplo de “manipulación” da que “sempre hai unha parte prexudicada”, é, por exemplo, a vinculación en cada noticia sobre o caso Bárcenas, o caso ERE´s, cada vez dunha entrevista ó líder da Oposición, non se extrae nada para os informativos. Tamén se empregan as publicacións dalgúns medios como “palabra de Deus” mentres ás noticias de outros son sempre “palabras do demo”.

Burgo denunciou que o obxectivo desta manipulación é a de crear un estado de opinión favorable cara o manipulador. Un extremo que negou o responsable da CRTVG. A deputada socialista exhortou a Sánchez Izquierdo a tomar nota das denuncias dos traballadores de Canal 9 sobre o exercicio da manipulación a longo prazo e as súas consecuencias.

A deputada socialista preguntou a Sánchez Izquierdo polas razóns polas que se envían ás roldas cos partidos da oposición redactores con preguntas orientadas cara o interese do Partido Popular. “Existen consignas, ou decide o redactor as preguntas que fai?”, preguntou Burgo. Cando se trata de entrevistas ao Goberno, “están pactadas as preguntas?”, insistiu.

O director da CRTVG apelou á necesidade de afondar nos datos para responder algunha pregunta engadida por Burgo á súa iniciativa, sen embargo foi contundente en dicir que non recibira nin a primeira chamada do PP ou do Goberno de Feijóo. A réplica da deputada socialista non se fixo agardar: “se non o chaman é porque o está facendo moi ben para eles”, espetoulle Burgo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar