Burgo afirma que a credibilidade do Goberno de Feijóo coa Muralla de Lugo xa non existe

Burgo afirma que a credibilidade do Goberno de Feijóo coa Muralla de Lugo xa non existe

Burgo afirma que a credibilidade do Goberno de Feijóo coa Muralla de Lugo xa non existe

A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Socialista Concepción Burgo interveu na Comisión 4ª do Parlamento para esixir explicacións sobre os incumprimentos de Feijoo na conservación da Muralla de Lugo. Alí denunciou que este monumento ten cada vez mais problemas, e segue cos problemas de accesibilidade e coas promesas incumpridas. E insistiu nas súas criticas “a credibilidade do Goberno de Feijoo coa Muralla de Lugo xa non existe”.

Burgo explica que a Muralla e Patrimonio da Humanidade é responsabilidade absoluta na súa custodia, mantemento e salvagarda da Xunta de Galicia, pero advirte que “dende a chegada do Partido Popular ao Goberno de Galicia non está a cumprir esta obriga para con este monumento único”.

A deputada lucense lembra que dende 2009 a Dirección Xeral de Patrimonio leva prometendo realizar un contrato plurianual para o mantemento da Muralla pero que este adxudicouse, por fin, en novembro de 2011. Replica que tiveron que pasar mais de 3 anos para que este contrato fose asinado por Cultura. Asegura que tódolos anos dende o 2009, a Muralla tiña un orzamento de 1 millón de euros, “pero nunca se gastaron, e levamos 3 anos de retraso”.

A portavoz de Cultura denuncia que “este patrimonio da Humanidade atopase nun estado deplorable para un monumento desta importancia”. Denuncia que a Muralla de Lugo esta “chea de maleza que, ademais do efecto estético provoca problemas graves ao separar as lousas, se

n ningún tipo de iluminación, co pavimento do adarve en mal estado, necesitada de traballos de rehabilitación en varios cubos, a Muralla segue esperando que a Dirección Xeral de Patrimonio cumpra algunhas das súa promesas”.

Tomar medidas

Advirte que os paxaros van anidar nas pedras da Muralla, por iso pregunta “si agora se vai converter nunha reserva de fauna e flora”, ironizou. Dixo que a Xunta leva perto de 3 anos sen facer nada pola limpeza neste Patrimonio. E emprazou a administración autonómica a tomar medidas para conservalo.

Ademais lembra que o pasado 7 de setembro de 2010 o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha proposición non de lei presentada polo Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE, na que se instaba a Xunta de Galicia a: realizar os convenios necesarios ca Universidade de Santiago para realizar novas investigacións en torno aos problemas de mantemento da Muralla e para buscar novos tratamentos contra a maleza que a invade. Burgo advirte que “se perdeu mais dun ano e ao final realizouno a empresa concesionaria”.

Afirma que o mantemento da Muralla provén dos fondos FEDER, ademais o Ministerio Cultura tamén aporta subvencións. A maiores denuncia que as luces do adarve están destruídas dende o ano 2009 e abandonadas.

E preguntou que vai pasar coa rampla que había comprometida para facilitar a súa accesibilidade, xa que mesmo as asociacións de discapacitados denuncian que a que se pretende instalar non serve, ou coa rehabilitación do entorno de Porta Miñá. E resumiu “pensa facer algo positivo por este Patrimonio da Humanidade?”.

Burgo dixo que en Lugo “levamos 3 anos esperando, por iso é necesario un compromiso fiable con orzamentos e con feitos”. Denuncia que a Xunta non asumiu ningún compromiso concreto para empezar as obras da Muralla

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar