Burgo acusa á Xunta de “intentar dominar á universidade” a través da “intervención política e asfixia económica”

Burgo acusa á Xunta de “intentar dominar á universidade” a través da “intervención política e asfixia económica”

Burgo acusa á Xunta de “intentar dominar á universidade” a través da “intervención política e asfixia económica”

Concepción Burgo reclama a derrogación do límite de alumnos e considera que a proposta de novo mapa de titulacións da Xunta demostra “frivolidade, inconsistencia, autoritarismo e descoñecemento”

A portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou hoxe ao goberno galego de “intentar dominar á Universidade” mediante a “intervención política e a asfixia económica”. A responsable socialista presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle ao goberno que derrogue o límite de alumnos por grao que condiciona o mapa de titulacións.

Burgo criticou a “arrogancia e chulería” amosada polo goberno galego ao vulnerar a autonomía universitaria consagrada pola Constitución nunha sorte de “ataque continuo” contra o ensino universitario. Lembrou que as universidades “non son departamentos da Xunta” senón que “teñen autonomía e unha xestión e responsabilidades independentes” do goberno galego.

Advertiu que, logo de ter reducido os investimentos das universidades nun 20 por cento, agora impoñen a obriga de contar cun mínimo de alumnos no primeiro curso, nunha medida “absurda” dirixida a “apartar ás humanidades e ás Ciencias Sociais”. Preguntou “porque é necesaria unha titulación de 50 alumnos pero non unha con 47” nos campus de Santiago, Vigo e A Coruña.

Sinalou que a Xunta pretende cambiar o mapa de titulacións “presentando un documento carente de análise nin estudo da viabilidade social, académica ou económica”. Os socialistas galegos rexeitaron este texto presentado pola Xunta, tal como fixeron as tres universidades, e avogou por que sexan as universidades as que xestionen os cambios mais necesarios “porque teñen as competencias e os coñecementos para facelo”.

Concepción Burgo considerou “inadmisible” que o goberno galego utilice o número de alumnos para transformar o mapa de graos de Galicia “nun momento de caída demográfica e económica e de restrición de bolsas por parte do goberno do PP, o que non fai mais que provocar o empeoramento da calidade do ensino universitario e das opcións de formación dos nosos mozos e mozas”.

Agresión

Burgo criticou que o goberno galego teña encetado esta agresión contra unha institución que debe funcionar como “foco da liberdade de transmisión de coñecemento”. Censurou que o conselleiro “saia nos medios de comunicación ameazando sempre que a Universidade non acata as súas ordes”, seguindo unha estratexia de “tirar a pedra e agochar a man”.

Os socialistas galegos presentaron unha serie de iniciativas para reclamarlle ao goberno galego a derrogación do artigo 6 do decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Este artigo establece un mínimo de 50 alumnos no primeiro curso de grao nos campus de Santiago, Vigo e A Coruña, e de 45 nos restantes.

Ademais, esíxelle á Xunta iniciar “un proceso leal de diálogo e colaboración coas universidades” para analizar o mapa de titulacións, incluíndo “valoracións cualitativas sobre as titulacións e as necesidades de Galicia”, e non só sobre o número de alumnos. Finalmente, reclama “máximo respecto pola autonomía universitaria”.

Burgo reclamoulle ao goberno galego que respecte o liderado das universidades galegas no proceso de cambios no mapa de titulacións, cesando nas interferencias da Consellería nas decisións das universidades galegas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar