Burgo acusa á Xunta “de gastar os fondos públicos da Fundación Gaias sen ningún control”

Burgo acusa á Xunta “de gastar os fondos públicos da Fundación Gaias sen ningún control”

Burgo acusa á Xunta “de gastar os fondos públicos da Fundación Gaias sen ningún control”

A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Socialista Concepción Burgo interveu hoxe na Comisión 4ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre as xestións da Fundación Gaias. Alí denunciou que o Goberno de Feijoo esta gastando fondos que non son privados, xa que hai 12 millóns de fondos públicos, que se están gastando con falla de transparencia e sen ningún control publico. E insistiu nas súas criticas “temos moitas dubidas sobre a xestión desta Fundación por parte da Consellería”, e reclamou “maior transparencia”.

A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Socialista lembrou que este organismo ten un 49% de capital publico, e 51% de capital privado.

Dixo que o Goberno de Feijoo gastou o patrimonio Fundacional da Fundación Gaias nunha programación que non ofrece ningún beneficio

A parlamentaria advirte que solicitou, mediante petición parlamentaria, as memorias contables anuais desta Fundación dos últimos anos “pero non recibimos ningunha resposta”. Acusou á Consellería de Cultura de opacidade e falla de transparencia na xestión da Cidade da Cultura.

A maiores criticou que no ano 2011 gastaron 3.500.000 millóns de euros dos fondos fundacionais da Fundación Gaias e varios millóns mais nunca explicitados pola Consellería de Cultura, nunha programación que non alcanzou ningunha repercusión nin cultural, nin económica.

Burgo criticou tamén a subordinación da Fundación Gaias á Consellería de Cultura, xa que lembra que os seus Estatutos teñen claramente uns obxectivos independentes que non se están a cumprir.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar