Burda manipulación informativa da TVG ao presunto desfalco de mais de 200.000 euros polo alcalde de Cualedro

Burda manipulación informativa da TVG ao presunto desfalco de mais de 200.000 euros polo alcalde de Cualedro

Burda manipulación informativa da TVG ao presunto desfalco de mais de 200.000 euros polo alcalde de Cualedro

GasolineraA portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Control da CRTVG, María Quintas, denunciou hoxe o “tratamento torticero e burda manipulación” por parte dos informativos do ente público ao presunto desfalco de mais de 200.000 euros por parte do alcalde e candidato do PP de Cualedro. Quintas presentou unha pregunta sobre este caso na Comisión celebrada hoxe no Parlamento.

Quintas cualificou o caso de “indecente, obsceno e o suficientemente relevante como para que o trataran os medios estatais”, mentres á televisión pública autonómica tan só lle ocupara 29 segundos sen declaracións nun informativo.

Criticou a “actitude de impunidade e de sheriff” exercida por un medio público que se permite obviar un caso con repercusión nacional e que “foi tratado en roldas de prensa e intervencións do noso portavoz na deputación, denunciado a tódolos niveis e que provocou declaracións do presidente da Xunta e do PP, do seu secretario xeral e vicepresidente, do presidente da Deputación e do portavoz parlamentario”.

María Quintas lembrou o caso do alcalde de Cualedro, daquela tamén deputado provincial, cargo do que posteriormente dimitiu, e agora candidato á alcaldía, que é titular dunha estación de servizo no pobo á que se desprazan a repostar tódolos vehículos da Deputación malia que se sitúa a 55 quilómetros da capital, así como os vehículos do Concello.

A través desta estratexia, lembrou, o alcalde conseguiu desfalcar presuntamente 186.770 euros á Deputación de Ourense entre 2009 e 2014, e outros 69.184 euros ao Concello entre 2010 e 2014.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar