Boicot da Xunta aos traballos de prevención de incendios dos concellos

Boicot da Xunta aos traballos de prevención de incendios dos concellos

Boicot da Xunta aos traballos de prevención de incendios dos concellos

incendio-xurésO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, acusou ao goberno galego de “dificultar deliberadamente os traballos de prevención de incendios dos concellos”. O responsable socialista anunciou iniciativas parlamentarias para que a Consellería de Medio Rural informe sobre este boicot no desenvolvemento dos convenios para prevención e defensa contra incendios.

O responsable socialista acusou ao goberno galego de obrigar aos concellos a financiar o 73,45 por cento do custe de desbroce de roza mecanizada que a propia Xunta fixa en 490,07 euros por hectárea. O resultado é que moitos concellos, mesmo de zonas de alto risco, vense abocados a renunciar aos convenios xa que o apartado de “Tratamentos preventivos mecanizados” dos convenios “lles resulta un custe inasumible”.

García lembra que os propios concellos contan con medios e persoal propios aptos para realizar este traballo ao longo do ano a un prezo moito mais baixo, “e non nos meses de xullo e agosto, cando é moito menos eficiente”.

Lembrou que “cando existían mecanismos como os convenios cos concellos para desbroces de núcleos, estes funcionaban, e os concellos acollíanse a eles”. Apunta que “non é de recibo é poñerlle dificultades ás entidades locais e despois trasladarlle o problema ou esixirlle responsabilidades como acontece con esta Consellería”.

Prevención inexistente

Este feito volve a por de manifesto, que “non existe unha verdadeira política de prevención de incendios por parte deste goberno” a pesares da “gran cantidade de recursos que gastamos todos os anos en loita contra o lume”. Lembrou que a Xunta inviste preto de 100 millóns de euros tódolos anos, un orzamento “fundamentalmente encamiñado a apagar lume en lugar de tratar de evitalo”.

O voceiro de Medio Rural rexistrou iniciativas para que a Administración Autónomica informe de como se están a desenvolver os convenios cos concellos para estas labores, “sendo un modelo que baixo o noso punto de vista dende o primeiro momento dixemos que non era eficiente e que resultaba moito máis caro que o servizo centralizado da Administración Autonómica”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar