Bofetada a Feijóo nos retrasos do AVE e o veto á transferencia da AP-9

Bofetada a Feijóo nos retrasos do AVE e o veto á transferencia da AP-9

Bofetada a Feijóo nos retrasos do AVE e o veto á transferencia da AP-9

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, dixo hoxe que o retraso do AVE a Galicia ata 2022 e o veto da Mesa do Congreso á transferencia da AP-9 constitúen dúas “bofetadas a Feijóo” dende o seu mesmo partido. Leiceaga analizou hoxe o estado das infraestruturas galegas xunto co portavoz de Infraestruturas no Parlamento, Raúl Fernández, e os responsables da materia para os socialistas galegos en Congreso e Senado, Guillermo Meijón e Modesto Pose.

O responsable socialista advertiu a Feijóo “seriamente devaluado na bolsa política de España”, con consecuencias graves para toda Galicia. Advertiu que mentres “presumía de ser militante de Galicia”, na realidade o seu partido “pasou por riba de Galicia” vetando no Congreso o debate sobre a AP-9 e retrasando catro anos máis a conexión por AVE coa Meseta.

Dixo que Feijóo “bracea para facerse notar” cando en realidade “renuncia de feito a toda acción crítica” contra o goberno de Rajoy, como evidenciou o “rapto de sinceridade” do novo ministro de Fomento, que deixaba ver a súa pretensión de renunciar á entrada ferroviaria por Ourense ou adiala ata 2022, o que de facto supón un retraso sine die.

Fernández Leiceaga agradeceulle sen embargo a Íñigo de la Serna que aclarara os motivos do retraso do AVE a Galicia, desmantelando o “falso mito” do goberno en funcións. Foron os retrasos na execución, aclarou, os que retrasaron a obra, que superou os 1.000 millóns de euros de inexecución dende 2012, deixando sen facer en cada exercicio un 40 por cento da obra proxectada.

Criticou que Feijóo intentara agochar a “incapacidade de enfrontarse aos seus” buscando “muíños de vento” contra os que cargar responsabilizando dun retraso de catro anos a unicamente nove meses de goberno en funcións.

O portavoz socialista explicou a fronte institucional que están a organizar os socialistas galegos na Cámara autonómica para defender a licitación a través dun concurso a obra do tramo Taboadela – Ourense, co obxectivo de anticipar no posible a conexión do AVE coa Meseta. Ademais, presentarán iniciativas nas Cortes para facer que o ministro dea conta da situación da conexión ferroviaria de Galicia.

AP-9

Fernández Leiceaga dixo ademais que o veto da Mesa do Congreso ao debate da proposición de Lei que pedía a transferencia á AP-9 supón unha “bofetada ás institucións autonómicas e ao presidente de Galicia”, que votara a favor daquela iniciativa, precisamente coa man de Ana Pastor, presidenta do Congreso e polo tanto tamén da Mesa, ex ministra de Fomento e, engadiu, tamén galega.

Explicou que esta decisión “agudiza a esquizofrenia política do PP, que se opón no Congreso á mesma iniciativa que apoia por unanimidade no Parlamento de Galicia. Sinalou que os socialistas galegos “buscaremos a fórmula adecuada para reactivar o debate” sobre a transferencia antes de que remate o ano, incluíndo a mesma demanda para a AP-53, unha infraestrutura que conecta coa AP-9 e cunha concesión semellante.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar