Bloqueo a establecer un catálogo de materias afíns no ensino público

Bloqueo a establecer un catálogo de materias afíns no ensino público

Bloqueo a establecer un catálogo de materias afíns no ensino público

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez Martínez, lamentou hoxe o bloqueo por parte do PP a unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para elaborar un catálogo de materias afíns no ensino público. O responsable socialista sinala que este veto “constata que non teñen intención algunha de introducir ningunha mellora no ensino público”.

O responsable socialista sinalou que a proposta buscaba “mellorar as condicións de traballo do profesorado no ensino público”, para evitar que exista profesorado impartindo materias nas que non está formado, unha situación que non está permitida no ensino privado. Sinala que “un ou unha graduado en matemáticas pola USC non podería impartir bioloxía e xeoloxía nun centro privado pero si nun centro público”.

Alerta dun “déficit de esixencia” nos centros públicos, onde “podemos ter profesorado impartindo materias no ensino secundario e bacharelato cunha formación académica que se corresponde co mesmo nivel de estudos que están a impartir, o que supón unha eiva na formación para os alumnos”.

Explica así que, malia que “non é infrecuente” atopar estes casos na educación infantil e primaria, “no caso da educación secundaria obrigatoria e bacharelato a situación é semellante, se non máis grave”.

Os socialistas presentaran hoxe unha proposición non de Lei para propoñer a constitución dunha mesa de traballo “na que se integre ás organizacións representativas do profesorado, para elaborar un catálogo de materias afíns”.

Esta medida permitiría garantir ao alumnado a calidade do ensino que recibe, que o profesorado coñeza as materias que debe impartir e que as vacantes provisionais de profesorado segan un marco común en toda a Comunidade Autónoma”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar