Blindaxe legal para os concertos de servizos sociais ás entidades de iniciativa social

Blindaxe legal para os concertos de servizos sociais ás entidades de iniciativa social

Blindaxe legal para os concertos de servizos sociais ás entidades de iniciativa social

Carmen GallegoA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, presentou hoxe unha proposición de Lei de Reforma da Lei de Servizos Sociais para garantir que os concertos de servizos sociais sexan concedidos a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro. A deputada socialista criticou a ansia privatizadora do goberno do PP, que concedeu a meirande parte dos centros sociais xestionados a través do Consorcio a entidades privadas.

Carmen Gallego propón reformar a Lei de Servizos Sociais aprobada en 2008 polo goberno presidido polo PSdeG para adaptala á nova Directiva 2014/UE que agora permite priorizar a contratación con estas entidades a través de concertos. Explicou que, na súa orixe, a Lei galega pretendía priorizar a xestión pública, deixando como posibilidade residual a xestión indirecta a través de entidades sen ánimo de lucro ou privadas.

Sen embargo, coa chegada de Feijóo, o goberno galego pasou a prestar estes servizos case en exclusiva a través de entidades privadas. Así, dos 31 centros sociais xestionados polo Consorcio Galego de Benestar e postos en marcha pola nova administración, tan só 3 teñen xestión pública, e a inmensa maioría dos 28 restantes recaeron en entidades privadas, nomeadamente Eulen –coa que Feijóo ten vencello familiar-, Geriatros e Doral.

Gallego quere reverter esta situación para blindar a xestión destes servizos a través do sector público e de entidades de iniciativa social, co que tódolos novos contratos e a renovación dos xa asinados deberían aplicar a nova normativa. Lembrou que os concertos son tan só un mecanismo complementario para garantir a prestación dun dereito a toda a sociedade “mentres non alcance o sector público”.

Voto favorable do PP

Esta modificación é idéntica á aprobada a semana pasada no Parlamento de Asturias por unanimidade de tódolos grupos parlamentarios, contando tamén co voto favorable do PP, por tratarse dunha Lei “impecable” que conta con tódalas garantías e resulta imprescindible dende o punto de vista da súa forma e do seu fondo.

Reclamoulle a Feijóo que “pase das palabras aos feitos e apoie esta iniciativa”, e cualificou de “intolerable” a estratexia do goberno galego de “mercantilizar os servizos e os dereitos” a costa de concederlle a xestión ás entidades privadas.

O obxectivo é evitar situacións como a das prazas de atención a persoas con discapacidade de Vigo, que lle foron retiradas á Asociación San Francisco para concedérllelas a Doral Residencial tan só porque a Xunta “non introduciu ningún parámetro para primar ás entidades de iniciativa social”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar