Blanco solicita a Millán Mon un debate cara a cara para confrontar os proxectos cos que ambos partidos concorren ás eleccións europeas do 25 de maio

Blanco solicita a Millán Mon un debate cara a cara para confrontar os proxectos cos que ambos partidos concorren ás eleccións europeas do 25 de maio

Blanco solicita a Millán Mon un debate cara a cara para confrontar os proxectos cos que ambos partidos concorren ás eleccións europeas do 25 de maio

O candidato socialista empraza ao candidato popular a debater a dúas bandas como representantes das dúas forzas maioritarias, ao igual que se fará a nivel estatal

Considera que a cidadanía esixe claridade e transparencia e que o cara a cara debe celebrarse para non furtarlle ese dereito aos galegos

Sinala que o debate cara a cara é independente da celebración doutros debates a varias bandas con outras formacións

O candidato socialista ás eleccións europeas José Blanco vén de solicitar ao candidato do PP Francisco Millán Mon un debate a dúas bandas para confrontar as alternativas programáticas coas que ambos partidos concorren aos comicios do 25 de maio.

Nunha carta enviada esta semana ao candidato popular, Blanco incide en que independentemente dos debates que están a ser plantexados a varias bandas, é necesario que se celebre un debate PSdeG-PP dado que “tería o máximo interese para a cidadanía da nosa comunidade que, como candidatos galegos dos dous partidos maioritarios en Galicia, España e Europa, os dous únicos partidos integrados en formacións europeas en disposición de gobernar, puidésemos manter un debate en televisión” para confrontar proxectos, ao igual que se producirá a nive estatal entre os cabezas de lista do PSOE, Elena Valenciano, e PP, Miguel Arias Cañete. “Os cidadáns galegos demandan ese exercicio de claridade e transparencia. Non debemos furtarlles ese dereito”, explicita.

Para o candidato socialista, as vindeiras eleccións europeas “non son unhas eleccións máis”, pois nelas a cidadanía elixirá “a composición do Parlamento Europeo con máis competencias da historia”, pero tamén “o propio Goberno da Unión Europea e o seu presidente, conforme ao Tratado de Lisboa”.

Asimesmo, lembra que tampouco a que remata foi unha lexislatura máis, pois coincidiu “coa peor crise que atravesou o noso continente” desde os anos 30 e “as políticas emanadas desde Bruxelas foron determinantes en como os estados membros deberon facer fronte á crise e as súas consecuencias, feito que percibiu a cidadanía con meridiana claridade, especialmente naqueles países que acudiron a programas de asistencia financeira total ou parcial, como é o caso de España co rescate bancario solicitado no ano 2012”.

Todo iso, segundo o candidato socialista, provocou que a cidadanía se fora afastando de Europa porque Europa se foi afastando dos seus principios fundacionais. Ante esta situación, a cidadanía reclama “claridade ás formacións políticas sobre os seus proxectos para Europa, especialmente daquelas que teñen a capacidade de conformar maiorías de goberno no seo da Unión”.

“A cidadanía esixe coñecer cales son as propostas programáticas coas que concorremos para combater o desemprego, abrir unha nova era de crecemento económico e mellorar as condicións de vida e de traballo dos cidadáns, tan deterioradas ao longo da crise”, motivo polo cal empraza ao candidato popular a debater en televisión cara a cara porque a cidadanía galega “demanda ese exercicio de claridade e transparencia”. “Non debemos furtarlles ese dereito”, conclúe.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar