Blanco: “se o PP gaña en Galicia, Rajoy terá barra libre para seguir recortando e poder acentuar a súa política antisocial”

Blanco: “se o PP gaña en Galicia, Rajoy terá barra libre para seguir recortando e poder acentuar a súa política antisocial”

Blanco: “se o PP gaña en Galicia, Rajoy terá barra libre para seguir recortando e poder acentuar a súa política antisocial”

O deputado socialista por Lugo José Blanco asegurou que se o Partido Popular gaña as eleccións autonómicas en Galicia, Mariano Rajoy “entenderá que ten barra libre para seguir recortando e metendo a tixeira na política social, para acentuar a súa política antisocial”. “Por iso é importante frear ao PP, porque freando ao PP poremos freo á barra libre de Rajoy”.

Durante unha visita a Vilagarcía de Arousa, o ex ministro de Fomento sinalou que co seu voto os cidadáns decidirán o 21 de outubro se en Galicia “apostamos por un goberno que segue a impulsar o sufrimento ou polo crecemento, un goberno que siga recortando aos que máis dificultades teñen, que siga enganando e só apelando á austeridade”.

“Coa austeridade non se pagan as becas, coa austeridade non se cura ás mulleres ás que agora lles queren quitar tamén as mamografías, coa austeridade non se garante que os nenos con menos recursos teñan libros de texto. Coa austeridade, o único que se garante é depresión e máis desemprego, que é o que hai en Galicia desde que goberna Feijóo”.

Para Blanco, o “engano” está detrás do propio adianto electoral, pois Feijóo decidiuno despois dunha reunión na Moncloa con Rajoy. “Tras visitar a Rajoy, que enganou mais durante estes 9 meses que Aznar durante toda a guerra de Irak, decide convocar as eleccións. ¿Por qué? Para enganar aos cidadáns sobre o que ven, para ocultar o que ven”, indicou.

Precisamente por iso, retou a Rajoy e a Fejóo a que expliquen aos galegos por qué se convocan as eleccións, porque a razón, dixo, non é outra que “o rescate que vén” e, con el, “medidas de sufrimento para o conxunto dos cidadáns”. Blanco lembrou que os pensionistas galegos, ao non revalorizarse as pensións, perderán 250 euros de media e que se engade ao copago. “Como tamén ocultan que o ano que ven a xente terá que pagar por desprazarse nas ambulancias. Quéreno ocultar e por iso adiantan as eleccións.”

“Os cidadáns teñen dereito a saber a verdade, e que despois de 9 meses de xestión de Rajoy agora sí haberá rescate. E se hai rescate é consecuencia da nefasta xestión de Rajoy durante estes 9 meses. Emprazo a Rajoy e a Feijóo a que non enganen aos galegos e digan a verdade para que poidan votar con claridade.”

O deputado socialista tamén inquiru a Feijóo sobre os supostos contratos de Pemex. “Feijóo dixo que ía arranxar en 45 días o paro e sucede que cada dez minutos hai un desempregado máis. Polo tanto, ten que explicar aos galegos, hoxe, non mañá, debe entregar o contrato de Pemex porque, se non, os galegos entenderán que os enganou, igual que os enganou coa auditoría das caixas, sobre a que se fixo unha fusión que todo o mundo sabía que ía ser un desastre, pero esa auditoría aínda non se coñece”.

Ademais, tamén apelou á necesidade de “recuperar consensos neste país”, consensos rotos por Feijóo como o que había respecto da lingua. “Para recuperar consensos hai que crer no país. Eu tiña moitisimas diferenzas co goberno de Fraga, pero Fraga cría neste país. Hai moita xente de centro dereita que bota de menos os gobernos de Fraga e quero dicirlles que hai un proxeco que cre neste país que é o de Pachi Vázquez, fronte a un proxecto dun señor que o que quere é marchar de Galicia. Para el Galicia non e o primeiro, o primeiro para Feijóo é Feijóo”.

Finalmente, Blanco esixiu a Feijóo que non retorza a verdade ao dicir que non empregou medios oficiais na súa viaxe electoral en Arxentina, na que empregou un avión privado. “Iso é grave, pero o máis grave é que dixo que el non utilizou medios oficiais para a súa campaña. Todos vimos que utilizou coches oficiais para os seus desprazamentos en Arxentina, non eran audis, eran mercedes”, dixo Blanco, quen puntualizou que por iso mesmo o Grupo Parlamentario Soicialista presentou unha pregunta no Congreso para que o Goberno de España explique estes feitos.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar