Blanco: "Se esta é a recuperación da que falan Rajoy e Feijóo, Galicia vai camiño de desangrarse polas veas abertas do paro e a emigración"

O candidato socialista censura que a xente necesita emprego “e o único que lles ofrecen Rajoy e Feijóo é propaganda e emigración”

Lamenta que desde que goberna Feijóo Galicia é a comunidade autónoma con maior incremento do paro

O candidato socialista ás eleccións europeas José Blanco cualificou esta mañá de “desoladora” a evolución do paro en Galicia tras coñecer os datos da EPA pois, tal e como sinalou, “desde que goberna Feijóo, Galicia é a comunidade con maior incremento do paro e desde que goberna Rajoy, Galicia é a peor comunidade en evolución do desemprego”.

“Con Rajoy e Feijóo Galicia acada récords históricos no número de parados. A xente necesita emprego e o único que lles ofrecen é propaganda e emigración. Se esta é a recuperación da que falan Rajoy e Feijóo, Galicia vai camiño de desangrarse polas venas abertas do paro e a emigración”, expuxo.

Ante esta situación, o candidato socialista incidiu na necesidade de “frear esta deriva”, pois Galicia “non pode resignarse” a ter 300.000 parados, a que a metade dos seus mozos “sufran a lacra do paro” nin a ver cómo “a súa poboación, especialmente moza, emigra por falta de oportunidades”.

“Hai que frear esta sangría cun cambio de rumbo en Europa, cunha nova maioría que aposte polo crecemento e o emprego, fronte á austeridade, os recortes e a emigración”, concluiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar