Blanco reta a Rajoy e a Pastor a acadar o mesmo nivel de investimento de Fomento en Galicia que en 2011

Blanco reta a Rajoy e a Pastor a acadar o mesmo nivel de investimento de Fomento en Galicia que en 2011

Blanco reta a Rajoy e a Pastor a acadar o mesmo nivel de investimento de Fomento en Galicia que en 2011

O deputado socialista destapa os trucos empregados polo PP nos Presupostos para que apareza maior investimento en Galicia. Inflan partidas en tramos que logo saben que non poderán executar neste ano

Os socialistas presentarán emendas para corrixir este engano aos galegos e ás galegas e destinar os cartos que non se poidan executar nos tramos Lubián – Ourense en acelerar outras obras

Blanco cualifocu os PXE como “inxustos, insolidarios e ineficaces”, cargando todo o peso dos axustes sobre os ombros dos asalariados e dos pensionistas

Denuncia que por primeira vez os pensionistas coa prestación mínima non verán incrementar o seu poder adquisitivo. En Galicia 320.000 persoas

O deputado do PSdeG-PSOE pola provincia de Lugo, José Blanco, emprazou ó Presidente Rajoy e á Ministra de Fomento, Ana Pastor, a executar en Galicia “polo menos a mesma cantidade (1.360 millóns de euros) ca min en 2011”. O anterior Ministro de Fomento quixo así deixar en evidencia os “trucos contables” empregados polo Partido Popular para “inflar” o investimento en infraestruturas en Galicia contemplados nos Presupostos Xerais do Estado (PXE).

O deputado do PSdeG-PSOE con representación na Comisión de Orzamentos valorou os PXE, a súa repercusión para Galicia e os primeiros cen días de Goberno de Mariano Rajoy.

O exministro de Fomento socialista puxo en evidencia aos populares que destinaron a maior cantidade, 700 millóns de euros, para o tramo onde menos se pode avanzar, o de Lubián – Ourense. Pero a situación en que se atopa o tramo impide que se poda executar tal cantidade no exercicio. Curiosamente, para o tramo de AVE Olmedo – Zamora – Lubián, de 216 km, consignaron só menos de 160 millóns de euros, cando é o tramo que xa está “en velocidade de cruceiro”.

O que pretende o Goberno de Rajoy, denuncia Blanco, é inflar os PXE para logo dicir que non se puido executar. Outra mostra de que “se lles foi a man” é que nos posteriores anos, coa obra xa rodada, destinan menos orzamento, algo que resulta contraditorio. É fácil “pintar” o tramo sabendo que non se pode executar, “non hai dereito a que se engane así aos galegos e galegas”, recrimina aos populares.

Por iso, Blanco anunciou que o grupo socialista presentará emendas para coñecer en qué tramos de Lubián – Ourense se van investir estes 700 millóns euros. Pero sabendo que non se pode executar todo ese diñeiro no presente anos, “proporemos que se destinen estes recursos para o Eixo Atlántico, para que rematen un ano antes do que teñen previsto (2015)”. Habería así conexión de Alta Velocidade entre Vigo, Santiago e Pontevedra cun ano de antelación.

Os socialistas tamén proporán que se destinen máis recursos para que se poida avanzar na estación Vialia de Vigo, “onde apenas hai”ou só contemplan recursos ata o 2015 no que corresponde a ADIF.

Respecto ás estacións do AVE, Blanco tamén destapa outro “truco” orzamentario dos populares. É curioso, apunta, que aparezan partidas este ano en que se están a facer os proxectos, mentres que para os anos 13,14 e 15 proxectan 0 euros de investimento. Isto quere dicir “que non pensan facer as estacións do AVE” de Lugo, Ourense ou A Coruña.

Salienta José Blanco que, por primeira vez se introduce a partida de expropiacións como investimento. Outra manobra do Goberno sen a que, por exemplo, na provincia de Lugo “habería un descenso notable do investimento”.

José Blanco critica a rebaixa das partidas destinadas á autovía entre Santiago e Lugo, "tamén" as da Terceira Rolda de A Coruña, que estean "conxeladas" as do acceso ferroviario a porto de Ferrol e o terrestre ao de A Coruña e que para o proxecto da A-57 "non hai nada máis que declaracións". Ademais, a baixado dos presupostos para o aeroporto de A Coruña, que fixou no 56%, implica que a súa ampliación "tamén se vai atrasar".

Por último, Blanco advertiu que os investimentos en saneamento e depuración debían ser "unha prioridade" dada a situación de seca e para previr escenarios "dramáticos" en Galicia. Fronte a isto, lamentou que as partidas baixen "notablemente".

Blanco ironizou tamén sobre as facilidades de Feijóo cara a Rajoy en cuestión de prazos e salientou que non se incluíra ningunha obra nova para Galicia nos PXE.

POR PRIMEIRA VEZ AQUELES QUE COBRAN A PENSIÓN MÍNNIMA VERAN REDUCIDO O SEU PODER ADQUISITIVO POR MOR DOS RECORTES E O IRPF

Na súa análise dos PXE e a súa repercusión para Galicia, José Blanco afirmou que “con estes Presupostos se cuestionan os pilares fundamentais da cohesión social”. Hai 8.000 millóns de euros menos para Políticas Sociais, 1.600 millóns de euros menos para a Dependencia, redúcense as becas e as axudas para o acceso á vivenda. E “iso ten a súa especial consecuencia en Galicia”, dixo o deputado socialista, onde tamén se conxelan por primeira vez as pensións mínimas de 320.000 galegos e galegas, que por primeira vez na historia verán que non lles aumenta o poder adquisitivo.

A supresión dos fondos para a dependencia provoca a consecuencia de que, nunha comunidade autónoma onde 6 de cada 10 dependentes con dereito a prestación aínda na reciben, a pesares de tela recoñecida, “podemos concluír que esa porcentaxe de persoas non vai cobrar esta prestación”, augura Blanco.

A proposta económica de Rajoy pasa por deixar recaer a carga impositiva sobre as clases traballadoras, suxeitas a unha nómina, e sobre os pensionistas que cobran algo máis da prestación mínima. Sen embargo “faise unha amnistía para os defraudadores”, recrimina Blanco aos populares.

Tamén lle reprocha ao Executivo de Rajoy que recorte dos fondos para as políticas activas de emprego cando é mais necesario de que nunca darlle máis formación ás persoas en paro.

Reprocha ao Executivo que recoñeza que se vai seguir perdendo emprego, se fulminan as políticas de Xuventude, en especial os que agardaban a Renda de Emancipación, e se reducen as becas.

O recorte no apoio ao coche eléctrico deixa a Citröen sen axuda na investigación sobre este vehículo.

Se recortan “gravemente” dúas partidas que a xuízo de Blanco afectan especialmente a Galicia, como son a Agricultura, que perde o 56% do seu orzamento e Desenvolvemento Rural, un 47%.

Blanco cualifocu os PXE como “inxustos, insolidarios e ineficaces”, cargando todo o peso dos axustes sobre os ombros dos asalariados e dos pensionistas.

A PALABRA DE RAJOY NON VALE NADA

O exministro de Fomento, na súa valoración dos 100 días de Goberno, afirmou que a palabra de Mariano Rajoy “non vale nada”. Argumento que repousa no feito de que “díxonos que non subiría impostos e os subiu, que non ía abaratar o despido e abaratouno, díxonos que non ía tocar o desemprego, e como vemos nos Presupostos diminuíron os recursos para o desemprego, e díxonos que non ía tocar as pensións e as pensións baixaron como consecuencia do IRPF, os pensionistas cobran menos”.

Polo tanto a primeira conclusión que tira o socialista dos 100 días de goberno é que “Rajoy fixo o contrario do que dixo”. Recriminou tamén ao Goberno que fora descortés cos cidadáns, coas súas necesidades e cos seus dereitos. Neste tempos puidemos comprobar o “programa oculto do PP: Recortes laborais, recortes sociais e recortes cívicos, que xa denunciamos durante a campaña electoral”.

Houbo suficiente cos tres primeiros meses de Goberno para saber por onde vai discorrer a lexislatura. Para Blanco “Rajoy sube os impostos aos traballadores, amnistía aos defraudadores e diminúe os recursos para a dependencia e fai perder adquisitivo aos pensionistas”.

Condena á recesión a España e a Galicia. Pero o máis grave para o exministro é o modelo económico que está detrás das medias, “un modelo onde a mellora da competitividade se quere facer en base ao axuste salarial en lugar de facela sobre a innovación”. En definitiva, “apostan polo modelo de China en lugar de apostar polo modelo de Suecia”.

Vídeos:

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar