Blanco reclama un maior apoio ás Pemes para impulsar a reindustrialización de Europa

Blanco reclama un maior apoio ás Pemes para impulsar a reindustrialización de Europa

Blanco reclama un maior apoio ás Pemes para impulsar a reindustrialización de Europa

O eurodeputado socialista reclama "ambición" para que Europa se dote de "unha base industrial forte e sostible"

Demanda "financiamento axeitada" para as Pemes, unha rebaixa dos custos enerxéticos e unha maior harmonización fiscal

Alerta contra os recortes en materia de investimento para a industria europea recollidos no presuposto comunitario

O eurodeputado socialista José Blanco reclamou esta tarde un maior apoio ás pequenas e medianas empresas para impulsar o crecemento e o emprego a través dunha estratexia de reindustrialización para Europa que permita elevar ao 20% o peso da industria no PIB no ano 2020.

Así ten demandado na súa intervención durante a comparecencia da ministra italiana de Desenvolvemento Económico, Federica Guidi, ante a comisión de Industria do Parlamento Europeo, á que informou dos plans da Presidencia italiana da Unión Europea.

Blanco incidiu en que para impulsar a reindustrialización de Europa é "esencial" crear un "ámbito favorable ás pemes". "E un ámbito favorable non se crea se non hai un financiamento axeitado e acceso ao crédito, se non hai unha rebaixa dos custos enerxéticos e se non hai unha maior harmonización fiscal"

Segundo expuxo o eurodeputado socialista, é necesario apoiar unha "base industrial forte e sostible" para poder competir mundialmente, polo que reclamou á UE unha "maior ambición nos obxectivos da súa política industrial". "Quero alertar de que non é un bo sinal os recortes en materia de investimento para a industria europea como se contempla no presuposto", puntualizou.

Blanco tamén incidiu na necesidade de que se materialice o plan de infraestruturas anunciado por Jean Claude Juncker na súa comparecencia sobre as liñas estratéxicas da nova Comisión Europea, a quen reclamou "ambición" especialmente en materia de infraestruturas estratéxicas, tal e como a crise de Ucraína puxo de manifesto en relación á subministración de gas a Europa.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar