Blanco: "Quen lle deu a espalda á xente non pode esperar que a xente lle dea un espaldarazo nas urnas"

Blanco: "Quen lle deu a espalda á xente non pode esperar que a xente lle dea un espaldarazo nas urnas"

Blanco: "Quen lle deu a espalda á xente non pode esperar que a xente lle dea un espaldarazo nas urnas"

O deputado socialista por Lugo José Blanco, asegurou que os gobernos de Feijóo e Rajoy “lle deron e lle están a dar a espalda” á xente, polo que concluiu: “Quen lle deu a espalda á xente non pode esperar que a xente lle dea un espaldarazo nas urnas. Co seu engano daranlle a espalda”.

Tras unha visita ao mercado de Fene, na que estivo acompañado do portavoz local, Iván Puentes, Blanco desprazouse a Ares para un mitin, no que estivo acompañado do alcalde da vila e a deputada autonómica e candidata Beatrz Sestayo. Blanco sinalou que hai 250.000 votantes do PP que din que non saben que van facer nestas eleccións. “Só con que unha parte se quede na casa ou cambie o seu voto está feito. A xente non vota o contrario do que pensa e un 52% quere cambio e votará de acordo ao que quere que pase. Haberá cambio”, vaticinou.

Ao respecto, o ex ministro de Fomento sinalou que Feijóo “está nas nubes” pois para el “todo mellorou con el e con Rajoy”. “Pero eu non atopo a ninguén que diga que vive mellor que fai catro anos ou que hai un ano”, puntualizou Blanco, quen dixo que Feijóo “non ten os pes na terra, está na nube e necesita que a xente lle dea un baño de realidade e o poña na rúa”.

Tamén censurou os “contos bonitos” nos que baseou Feijóo a súa xestión, como o dique flotante de Ferrol, prometido e non construido, ou os contratos de Pémex, aínda non amosados. “O que necesita a xente non son cláusulas de confidencialidade, son cláusulas de transparencia e neste país todo é escuro: a fusión das caixas, o dique flotante, Pémex”, expresou Blanco, quen censurou que a fusión das caixas resultou un desastre, cun banco “pequeno, nacionalizado e insolvente” ao que hai que inxectar 10.000 millóns de euros para “tapar o burato” creado polos xestores cos que se facía fotos Feijóo. “Vai haber cartos para salvar o banco e non para os estafados das preferentes. Non hai dereito”.

Para o ex ministro, a dereita esta a aproveitar as dificultades para xustificar “o que sempre quixo facer, que a sanidade e a educación sexa negocio para uns poucos”. “Xa non é só o copago, hai medicinas que se excluiron e dentro de poco o transporte en ambulancia e as mamografías”.

Blanco sinalou que “hai outra forma de gobernar” e “outras prioridades” e que cando Pachi Vázquez sexa presidente vaise implantar un imposto ás grandes fortunas, un imposto á banca, un imposto ás grandes superficies e vaise incrementar o ÍRPF ás rendas de máis de 120.000 euros.

Por iso, chamou a facer o cambio posible co instrumento “máis poderoso” que temos os cidadáns, o voto. “Se o utilizamos esa masa que di que quere cambio vai votar, vai haber cambio”, concluiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar