Blanco pregunta ao Goberno sobre o grao de execución dos investimentos en Galicia

Blanco pregunta ao Goberno sobre o grao de execución dos investimentos en Galicia

Blanco pregunta ao Goberno sobre o grao de execución dos investimentos en Galicia

O deputado socialista rexistra no Congreso 40 preguntas para coñecer o grao de cumprimento dos compromisos orzamentarios do Goberno central

O deputado socialista lucense no Congreso José Blanco asinou esta mañá unha batería de novas preguntas parlamentarias para coñecer o grao de cumprimento dos investimentos comprometidos polo Goberno central o ano pasado nas infraestruturas galegas.

A través de 40 novas preguntas, o deputado socialista pretende coñecer o grao de execución presupostaria acadado polo Goberno central en 2012 nas infraestruturas que actualmente se están a construir en Galicia, para poder avaliar o avance das mesmas ao longo do primeiro ano de goberno do Partido Popular.

Deste xeito, o deputado socialista pregunta pola execución presupostaria do Ministerio de Fomento e o seu Grupo na comunidade autónoma e en cada unha das catro provincias galegas, así como, específicamente, pola marcha da construción das liñas de alta velocidade de conexión coa Meseta, o Eixo Atlántico, Lugo-Ourense e Vigo-Ourense por Cerdedo.

Ademais, inquire sobre o grao de execución presupostaria das partidas consignadas nos Orzamentos Xerais do Estado de 2012 para a construción das autovías a cargo de Fomento, nomeadamente da Autovía do Cantábrico e a Autovía Lugo-Santiago, así como sobre os investimentos nos aeroportos galegos.

Así, o deputado socialista pretende avaliar o compromiso real do Goberno central coas infraestruturas galegas, posto que os datos de execución trimestral aos que foi tendo acceso a través de distintas respostas parlamentarias ao longo de 2012 revelan a paralización de moitos dos investimentos anunciados e cuestionan os calendarios comprometidos polo propio Executivo para a súa finalización, así como a propia vontade política do Goberno de executar o orzamento aprobado.

A este respecto, é especialmente sintomático o caso do AVE de conexión coa Meseta que, segundo os datos facilitados polo propio Goberno en respostas anteriores ao deputado socialista, revelan que no primeiro semestre do pasado ano só se investira o 8,4% dos 707 millóns de euros consignados nos Presupostos. Como tamén o é o caso do AVE do Eixo Atlántico, no que nos primeiros seis meses do ano só se investira o 20% do orzamento previsto. Cifras en ambos casos que cuestionan os calendarios marcados polo Goberno do PP para a finalización das obras, mesmo logo dos retrasos aprobados polo propio Executivo.

Asemade, Blanco tamén presentou un conxunto de preguntas parlamentarias para coñecer o grao de cumprimento dos orzamentos aprobados para Galicia por cada un dos ministerios do Goberno central.

Coas novas iniciativas asinadas hoxe, o deputado socialista lucense achégase xa ás 400 preguntas parlamentarias presentadas para a súa resposta no que vai de lexislatura.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar