Blanco: “os que teñen que emigrar non son os mozos, son os problemas e Feijóo é un problema para Galicia”

Blanco: “os que teñen que emigrar non son os mozos, son os problemas e Feijóo é un problema para Galicia”

Blanco: “os que teñen que emigrar non son os mozos, son os problemas e Feijóo é un problema para Galicia”

O deputado socialista por Lugo José Blanco asegurou que os que teñen que emigrar de Galicia “non son os mozos, son os problemas” e Feijóo “é un problema para Galicia”.

Tras visitar a feira de Palas de Rei e o mercado de Lugo, Blanco amosou o seu convencemento de que esta último día de campaña é “trascendental” para conseguir o obxectivo de traducir “o domingo en votos toda esa pulsión de cambio que se está a percibir na sociedade galega”.

“Onte precisamente estivo o candidato do PP en lugo e dixo a primeira verdade da campaña electoral, que o PP perdeu a maioría absoluta. Estou seguro de que os lugueses lle van responder como se merece, dicindo co seu voto que hai que facer outra política máis comprometida coa xente, cos problemas que ten esta provincia e Galicia”, sinalou.

Blanco dixo estar seguro de que os cidadáns galegos lle van dicir co seu voto “que os que teñen que emigrar de Lugo e de Galicia non son os mozos preparados e ben formados, os que teñen que emigrar son os problemas e en todo caso Núñez Feijóo, que é un problema para Galicia.”

O ex ministro de Fomento asegurou que a provincia de Lugo vai contribuir a unha victoria do Partido Socialista “porque tamén hai moita decepción, moita xente que votou fai un ano a Rajoy pensando que con Rajoy se ían resolver os problemas que ten España e Galicia e hoxe os cidadáns ven que teñen menos posibilidades: hai máis desemprego, págase polas mediciñas, págase máis pola educación, págase máis pola sanidade e moita xente ten que emigrar porque aquí non ten un horizonte nin perspectivas de futuro claras”.

“Estou convencido de que haberá máis votos ao Partido Socialista para garantir precisamente ese cambio. Desde logo, que Núñez Feijóo non conte cos votos dos lugueses para garantir esa maioría absoluta, porque hoxe todo o mundo sabe que se o PP acada a maioría absoluta os ciddáns estaríanlle a dar carta branca, barra libre a Rajoy para seguir facendo esa politica de recortes que tantas dificultades lle está a facer pasar a tanta ente de Galicia”, concluiu.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar