Blanco: "O aval do feito é a mellor garantía para que os cidadáns volvan crer en nós"

Blanco: "O aval do feito é a mellor garantía para que os cidadáns volvan crer en nós"

Blanco: "O aval do feito é a mellor garantía para que os cidadáns volvan crer en nós"

O cabeza de lista do PSdeG-PSOE ao Congreso pola provincia de Lugo, José Blanco, asegurou que “o aval do feito” polo Goberno socialista na provincia de Lugo, en Galicia e en España é “a mellor garantía para que os cidadáns volvan crer” no PSOE nas vindeiras eleccións do 20 de novembro.

Blanco quixo iniciar a súa intervención no acto de presentación da candidatura ao Congreso pola provincia de Lugo, cun recordó ás vítimas do terrorismo de ETA. Así, manifestou as “emocións” contradictorias “de satisfacción e de tristeza” vividas desde o anuncio do cese definitivo da violencia por parte da banda terrorista. “Satisfacción por iniciar unha campaña diferente a todas, sen terrorismo. Tristeza porque chega tarde, por tantas vítimas no camino, tanta dor e tantas bágoas”.

O vicesecretario xeral do PSOE e ministro de Fomento tamén quixo rearfirmar o seu orgullo de ser lucense e de volver encabezar a candidatura socialista pola provincia. “É un orgullo ser de Lugo, nunca renunciei ao meu lugar de orixe, nin ao meu acento galego, nin á miña orixe humilde. Crédeme que isto é o que non me perdoan algúns. Pero nin renunciei nin vou renunciar a traballar por Lugo e por Galicia, porque é de xustiza. Algúns non me perdoan ser o ministro que máis fixo por Galicia en menos tempo”.

Blanco sostivo que “non houbo un Goberno que investirá máis en Galicia” en tan pouco tempo, e lembrou que nestes anos o Executivo socialista investiu en Galicia “máis do dobre” que o de Aznar e Rajoy.

Así, lembrou que nestes sete anos de gobernó as pensións mínimas, que perciben 47.000 lucenses, se incrementaron un 50%; que hoxe máis de 32.000 galegos contan cunha axuda pola lei de dependencia que antes non existía; que 53.000 pais puideron beneficiarse do permiso de paternidade creado polos socialistas e que “miles de mozos” gozan de becas de estudo, ata o punto de que só en Lugo o número de beneficiarios se incrementou en máis de 3.000.

“Debemos sentirnos orgullosos do traballo feito, que ten permitido os maiores avances sociais”, asegurou Blanco, quen puxo como exemplo do compromiso dos socialistas con Lugo a nova ponte sobre o río Miño. “É un símbolo de modernidade, que mostra que cando se cre nun proxecto e hai vontade e tesón, as cousas se sacan adiante”, remarcou, en contraste co auditorio pendente para a capital lucense, unha infraestrutura adiada ata 2017 cando o estado de execución –en proxecto- era o mesmo no ano 2009 era o mesmo e o investimento semellante.

Por iso mesmo, emprazou á cidadanía a contrastar o feito nestes anos en todos os ámbitos de xestión co balance dos gobernos do PP, porque “Rajoy estivo oito anos no goberno e non fixo nada por Galicia”.

Finalmente, censurou as moitas promesas da Xunta do PP e que non se responsabilice de nada. “Todos os días vemos á Xunta que non se fai responsable de nada do que é vital para Galicia, dá igual os incendios que as caixas. Voulle dar un consello a Feijóo: a mellor medida de austeridade que pode tomar o presidente da Xunta é pechar a Xunta do PP”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar