Blanco: “Non pode haber amnistías fiscais para os defraudadores e inspeccións e sancións para os traballadores retirados”

Blanco: “Non pode haber amnistías fiscais para os defraudadores e inspeccións e sancións para os traballadores retirados”

Blanco: “Non pode haber amnistías fiscais para os defraudadores e inspeccións e sancións para os traballadores retirados”

Explicou que traballará dende o Parlamento Europeo para clarificar e harmonizar a fiscalidade das pensións nos distintos países

Advertiu que “os pensionistas non teñen por que que pagar as consecuencias da crise, pagando medicamentos” e agora con “recortes nas súas pensións”

O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo José Blanco denunciou hoxe que “hai amnistías fiscais para os defraudadores, e inspeccións e sancións para os traballadores xa retirados”, algo que cualificou coma “unha inxustiza”.

José Blanco mantivo hoxe en Pontevedra unha reunión con pensionistas e emigrantes retornados, na que lles dixo que hai que reverter “a inxustiza” de que Facenda os estea a sancionar polas pensións cobradas do exterior, e insistiu: “isto pódese cambiar”.

Explicou que traballará dende o Parlamento Europeo para clarificar e harmonizar a fiscalidade das pensións nos distintos países. E puntualizou que reclamará “que haxa claridade a través dun documento homologado sobre as retencións practicadas no país membro que da orixe á pensión, e para evitar situacións de dobre imposición”.

Afirmou que a reforma das pensións decretada polo Goberno do Partido Popular e imposta pola maioría conservadora que goberna Europa vai a supoñer “unha perda de poder adquisitivo nos proximos 9 anos do 20% da sua pensión, xustamente o que subiu durante a época de Rodriguez Zapatero.”

Segundo denunciou, “os pensionistas non teñen por que que pagar as consecuencias da crise, pagando medicamentos e agora sufrindo recortes na sua pensión”. Asegurou que se pode cambiar esta situación “se na Unión Europea hai unha maioría que non aplique os recortes das pensións, para facer tamén un negocio a través dos plans privados de pensións”.

Anunciou ademais que o Congreso dos Deputados debaterá, o vindeiro 27 de maio, unha iniciativa para modificar a lexislación tributaria e evitar asi que se sancione aos afectados.

Previamente, o candidato socialista visitou o mercado de Vilagarcía de Arousa en compañía de militantes socialistas da vila, entre eles, a secretaria de Organización provincial, Tania García.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar