Blanco insta ao Goberno a deseñar un plan para impulsar a coordinación entre os aeroportos galegos e mellorar a súa competitividade

Blanco insta ao Goberno a deseñar un plan para impulsar a coordinación entre os aeroportos galegos e mellorar a súa competitividade

Blanco insta ao Goberno a deseñar un plan para impulsar a coordinación entre os aeroportos galegos e mellorar a súa competitividade

O deputado socialista promove un conxunto de iniciativas parlamentarias para interesarse polas causas da caída de pasaxeiros nos aeroportos galegos e promover un plan para relanzar a súa actividade

O deputado socialista no Congreso por Lugo, José Blanco, vén de promover un conxunto de iniciativas (proposición non de lei e preguntas paralmentarias) para interesarse pola negativa evolución que se está a rexistrar no número de pasaxeiros que empregan os aeroportos galegos.

En canto á proposición non de lei para o seu debate en Comisión, Blanco insta ao Goberno a elaborar un plan para impulsar a coordinación entre os tres aeroportos de Galicia, de cara a mellorar a súa competitividade, relanzar a súa actividade e promover a captación de pasaxeiros e novas rutas aéreas para poder competir en mellores condicións.

Na exposición de motivos, o deputado socialista lembra que o Goberno socialista esforzouse para que os tres aeroportos galegos melloraran a súa competitividade e actuaran como plataforma de desenvolvemento e impulso dos sectores clave para a economía de Galicia. “Isto traduciuse nunha mellora da infraestrutura en cada un deles, grazas a un investimento superior aos 500 millóns de euros, oito veces máis do investido polo anterior goberno.”

Dese xeito, incide, buscáronse sinerxias entre os aeroportos con novos instrumentos de coordinación, como o Comité de Desenvolvemento de Rutas Aéreas de Galicia, no que se lle deu voz ás administracións públicas e ao sector empresarial. “Lamentablemente, o Goberno de Galicia decidiu negociar de forma unilateral convenios con compañías de baixo custe, malogrando así o traballo dun Comité que podería ter sido útil para aproveitar as sinerxias entre os tres aeroportos galegos”.

Tamén salienta que se deseñou un marco máis competitivo para os aeroportos de Galicia co impulso dunha política específica de rebaixa de taxas aeroportuarias. “Todo iso permitiu que no ano 2009, xa en plena crise económica, os tres aeroportos de Galicia fixesen fronte ás dificultades en mellores condicións, experimentando un incremento de pasaxeiros en Santiago e, no seu conxunto, una caída sensiblemente menor que a media; que no ano 2010, os tres aeroportos gallegos acadasen un crecemento conxunto do 6,11%, fronte a unha media do 2,75%; e que no 2011 o récord histórico logrado no aeroporto de Santiago, malia ter sido 2010 Ano Santo, permitise pechar o exercicio aos aeroportos galegos cun crecemento cercano ao 2%”.

Segundo expón, lonxe de seguir coa política de redución de costes, “o actual Gobierno decidiu subir as taxas aeroportuarias un 18,9% de media”. “E a realidade é que, no que vai de ano, cada un dos tres aeroportos galegos acumula caídas na cifra de pasaxeiros superiores ao 10% e, no seu conxunto do 12,9%, dato que triplica a caída experimentada en España”, mentres Oporto pechou agosto cun novo récord de usuarios.

No que respecta á pregunta parlamentaria, o deputado socialista traslada ao Goberno que ata o pasado mes de outubro, o aeroporto de Santiago de Compostela acumula unha perda de 226.257 pasaxeiros, un -10,62%. Este dato contrasta cos obtidos nos tres últimos anos, nos que Aeroporto de Lavacolla pechou con crecementos do 1,39%, o 11,77% e o 13,41%, respectivamente, acadando no 2011 a cifra máis alta de pasaxeiros de toda a súa historia. “E iso malia ser un ano de crise e tras terse acadado o ano anterior un novo récord de pasaxeiros por coincidir en Ano Santo.”

O deputado socialista explica que esas cifras se acadaron no marco dunha política de conxelación de todas as taxas no ano 2010 e dunha redución do 7,8% da taxa de navegación aérea en ruta, “fronte a una política en liña contraria desde o cambio de goberno, que supuxo en media una suba de taxas de navegación área do 18,9% no presente ano”.

Por todo isto, Blanco pregunta ao Goberno cales son las causas ás que atribúe a caída de pasaxeiros, se considera que puido ter influido negativamente a suba de taxas, se vai continuar o Goberno coa súa su política de suba de taxas e se considera que falta coordinación entre os tres aeroportos galegos e se está traballando para correxila.

32641281A

Artigos relacionados

Pechar