Blanco insta ao Goberno a aportar a auditoría e toda a documentación utilizada como base para a fusión das caixas galegas

Blanco insta ao Goberno a aportar a auditoría e toda a documentación utilizada como base para a fusión das caixas galegas

Blanco insta ao Goberno a aportar a auditoría e toda a documentación utilizada como base para a fusión das caixas galegas

O deputado lucense pregunta ao Goberno se se plantexa a subasta inmediata da entidade, tal como propuxeron os sindicatos, ou algún plan alternativo ao do actual equipo xestor

O deputado socialista lucense no Congreso José Blanco vén de asinar unha proposición non de lei pola que insta o Goberno a poñer a disposición da Comisión de Economía do Congreso “toda a documentación” que deu soporte á fusión das caixas galegas, entre ela a due dilligence “realizada por unha auditora, pagada pola Xunta de Galicia e que se utilizou como base para a fusión das caixas de aforro de Galicia”.

Na proposición non de lei, o deputado socialista lembra que o pasado 28 de novembro a Comisión Europea fixou na “venda ou desaparición” as posibilidades que lle quedan á NCG logo dun “proceso sen precedentes” no que a Xunta de Galicia “encargou e pagou unha due dilligence a unha auditora para avalar a viabilidade da fusión, a solvencia da caixa fusionada e forzar tal proceso de unión”, documento que a pesar de ser pagado con fondos públicos, “nunca viu a luz nin se remitiu ao Parlamento de Galicia”.

Tal e como apunta Blanco, ao anunciarse a fusión das caixas garantiuse a solvencia da entidade resultante, a entrada en beneficios e a baixa afectación no equipo de persoal. Sen embargo, o resultado foi o dunha entidade “que tivo que ser nacionalizada polo FROB debido á súa insolvencia, que destruíu miles de postos de traballo e que requiriu sucesivas inxeccións de capital público que suman un importe global próximo aos 10.000 millóns de euros, sen esquecer o duro impacto na obra social e o peche do crédito a miles de pequenos empresarios de Galicia”.

É máis, para poder acceder ao rescate financiero europeo, Blanco recorda que a entidade deberá reducir a súa rede de oficinas nun 50% e o seu tamaño nun 60%, o que provocará “o despido adicional de máis de 2.000 empregados”, polo que, segundo os sindicatos da entidade, o recorte no equipo dende que se produciu a integración de Caixanova e Caixa Galicia alcanzará o 60%.

Non son as únicas perdas neste proceso. Segundo salienta o deputado socialista, as miles de persoas “atrapadas” pola compra de participacións preferentes e de débeda subordinada deberán asumir perdas estimadas entre o 40% e o 60% do valor do capital investido neses produtos, en aplicación do Memorando de Entendemento negociado polo Goberno con Bruxelas.

Preguntas escritas
Ademais da proposición non de lei, Blanco asinou unha batería de preguntas coa que pretende aclarar a postura do Goberno respecto da proposta dos sindicatos con representación en NCG para que a entidade sexa subastada xa, de xeito que poidan negociar a reestruturación da entidade cuns novos interlocutores.

Así, o deputado socialista inquire ao Goberno sobre se iniciou ou ten previsto iniciar un proceso de diálogo cos representantes dos traballadores “para garantir o maior número de empregos posible”, qué opinión lle merece ao Goberno a proposta de proceder a subastar xa a entidade e se se plantexa algún plan alternativo ao presentado polos actuais xestores da caixa.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar