Blanco insta a lograr unha “mobilización masiva” contra as políticas “antisociais e de recortes” impostas por Europa “co aplauso do goberno do PP”

Blanco insta a lograr unha “mobilización masiva” contra as políticas “antisociais e de recortes” impostas por Europa “co aplauso do goberno do PP”

Blanco insta a lograr unha “mobilización masiva” contra as políticas “antisociais e de recortes” impostas por Europa “co aplauso do goberno do PP”

O candidato socialista sostén que na “folla de servizos” de Arias Cañete a Galicia só se encontran os recortes na PAC e na pesca

Defende que Galicia, España e Europa necesitan un “cambio de rumbo” a prol do emprego e da cidadanía, e ese cambio “só pode vir da man do Partido Socialista”

O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo José Blanco asegurou esta tarde que de aquí ao 25 de maio é necesario conseguir unha “mobilización masiva” contra as políticas “antisociais e de recortes” impostas por Europa “co aplauso do Goberno do PP”.

En declaracións no Carballiño, o candidato socialista sostivo que a campaña das eleccións europeas é “decisiva” porque nela se van confrontar “dous proxectos, dous modelos, dúas visións de Europa e da sociedade”. Por unha banda, o modelo da dereita española e europea de “máis austeridade, máis recortes, e máis ditado dos mercados”. Fronte a este, o modelo da esquerda socialdemócrata española e europea, “de defensa dos dereitos sociais, o investimento produtivo, o emprego e os dereitos e liberdades cívicas”.

A este respecto, Blanco manifestouse sorprendido de que o Goberno de Galicia “avale e aplauda” os recortes nas axudas da política agraria común e na de pesca, ao fronte dos cales estivo o ministro de Agricultura e candidato do PP Arias Cañete. “As súas negociacións en Europa saldáronse con recortes para Galicia. Esa é a folla de servizos a Galicia de Arias Cañete”, censurou.

Segundo expuxo Blanco, o que necesita Galicia é “un Partido Socialista forte e maioritario en Europa para impulsar o cambio”. O cambio na PAC, para que a xente do mundo rural “poida vivir do seu traballo, poida crear actividade e emprego, para que as axudas vaian aos profesionais e non aos rentistas”, considerou.

Pero tamén o cambio na política pesqueira, para que as cotas de pesca se repartan “entre os mariñeiros por igual” e non por criterios que benefician aos que pescaron de máis e de maneira irresponsable, que é o modelo impulsado polo Goberno do PP segundo quedou en evidencia no recente conflito do cerco.

“É necesario un cambio de rumbo. E o cambio só pode vir da man do Partido Socialista”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar