Blanco: “Hai que votar en contra dos pirómanos do PP disfrazados de bombeiros que están arrasando con todo”

Blanco: “Hai que votar en contra dos pirómanos do PP disfrazados de bombeiros que están arrasando con todo”

Blanco: “Hai que votar en contra dos pirómanos do PP disfrazados de bombeiros que están arrasando con todo”

O candidato socialista dixo “isto pode cambiarse derrotando aos apóstoles dos recortes, das desigualdades co purgatorio das urnas votando ao Partido Socialista”

Argumentou vou a Europa “para traballar por Galicia os 365 días do ano”

O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo José Blanco convidou hoxe á cidadanía a votar “en contra dos pirómanos do PP disfrazados de bombeiros que están arrasando con todo”. E proseguiu” .“A xustiza vai comezar o 25 de maio”, espetou.

Blanco participou hoxe nun mitin en Vilagarcía acompañado de Miro Serén, da Secretaria da Agrupación, Tania García, e o Secretario de Organización do PSOE Oscar López. Alí dixo que a dereita esta arrasando cos dereitos laborais, e a consecuencia desa política “é mais paro, salarios rebaixados, empregos precarios e despidos baratos”.

O candidato socialista denunciou que o PP “esta arrasando os dereitos sociais, baixando as pensións, recortando a sanidade, negando medicamentos, menos profesores e menos becas” , e advertiu “pero hai mais impostos e precios polas nubes”. E replicou “hai outra Europa posible”.

Asegurou que esta panorama pode cambiarse por unha nova maioría “que aposte polos dereitos sociais, polo benestar, polo emprego, pola igualdade”. Blanco insistiu “isto pode cambiarse derrotando aos apóstoles dos recortes, das desigualdades co purgatorio das urnas votando ao Partido Socialista”.

Tamén fixo alusión as declaracións realizadas, onte na Estrada, pola Ministra de Fomento, Ana Pastor nas que criticou o déficit deixado no Ministerio. Blanco afirmou “síntome moi orgulloso de contribuír para superar o déficit das infraestruturas en Galicia”, e puxo como exemplo a inversión no acceso ao porto de Vilagarciá.

Argumentou vou a Europa “para traballar por Galicia os 365 días do ano”.

Cuca

Xa en clave local, Blanco puxo énfase no conflicto laboral das traballadores da conserveira Cuca “síntome orgulloso da sua loita. Orgulloso dunhas mulleres desta terra que plantaron cara á inxustiza.Temos que loitar como elas, temos que vencer a resignación e pelexar pola nosa dignidade como elas fixeron”, replicou.

Dixo que “se collemos o espíritu desas mulleres, imos gañar estas eleccións e imos cambiar Europa, e o cambio chegará o próximo ano en Vilagarcía e en España e no seguinte, en Galicia”, resumiu.

Por ultimo aludiu á política pesqueira común “hai que poñela no centro das políticas en Europa”. Anunciou que unha das primeiras iniciativas que impulsará no Parlamento será cambiar o cambiar o etiquetado do mexillón, para que a xente saiba de onde ven, e para que no nos den gato por lebre que é o que están facendo agora”, gracias unha iniciativa impulsada pola popular Carmen Fraga.

Cañete el pitufo azul

Por su parte, el secretario de Organización del PSOE Oscar López calificou al candidato Arias Cañete como “el candidato azul”, e ironizou sobre os carteis electorais "se estes días vedes en televisión a un señor azul, con barba branca, faltando todo o tempo, aclaro non é o pitufo rosmón se chama Cañete". Dixo que "é o candidato azul, e que se puxo morado do diñeiro negro do que fixo o PP".

O dirixente socialista asegurou que nestas eleccións "o máis importantes é que cambie Europa, porque ao sur de Europa e a España lle convén unha maioría progresista, que poña fin ao austericidio posto en marcha pola dereita europea e aposte polo crecemento europeo".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar