Blanco: “Este Goberno levará o AVE a Galicia porque é de xustiza e por razóns de cohesión territorial"

Blanco: “Este Goberno levará o AVE a Galicia porque é de xustiza e por razóns de cohesión territorial"

Blanco: “Este Goberno levará o AVE a Galicia porque é de xustiza e por razóns de cohesión territorial"

O ministro de Fomento, José Blanco, asegurou no Senado que o Goberno de Zapatero levará a AVE a Galicia porque, segundo asegurou, "é de xustiza e responde a razóns de cohesión territorial".

Blanco respondía á pregunta que lle formulaba a senadora de Converxencia e Unió, Coralí Cunyat, sobre os traballos de licitación das obras do desdobramento da N-II entre as localidades xerundenses de Sils e Caldes de Malavalla, cando respondeu nestes termos á senadora.

O ministro enviaba así unha contundente resposta ao Goberno da Generalitat de Cataluña que días atrás, pedía ao Executivo de Zapatero paralizar as obras da AVE como medida para alcanzar os obxectivos de déficit público para este ano.

A "suxestión" da Generalitat provocou entón a aireada protesta da Xunta de Extremadura que reclamou "respecto institucional", e cuestionou a "solidariedade interterritorial" do Executivo catalán.

"Vostedes teñen AVE -dixo José Blanco- e non queren que chegue a Extremadura e Galicia, pero o Goberno vaino garantir porque é de xustiza, e por razóns de cohesión territorial". O ministro acusou a CIU de negar a outros territorios as oportunidades que tivo Cataluña, e recordou que esta comunidade é onde máis investimento en infraestruturas se leva a cabo por parte do Estado por terceiro ano consecutivo, "tal e como se reflicte nos datos de execución presupostaria".

Respecto ás obras polas que se interesaba a senadora catalá, Blanco recordoulle que o desdobramento de N-II nos mencionados municipios foi aprobado polo Consello de Ministros o pasado 29 de abril, por un importe de 33 millóns de euros e a súa licitación publicarase no BOE nas próximas semanas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar