Blanco esixe ao goberno que ensine os contratos de Pemex e que explique que xestións está a realizar para garantir a construción dos floteis

Blanco esixe ao goberno que ensine os contratos de Pemex e que explique que xestións está a realizar para garantir a construción dos floteis

Blanco esixe ao goberno que ensine os contratos de Pemex e que explique que xestións está a realizar para garantir a construción dos floteis

O deputado lucense lamenta que se anunciaran 3.000 empregos e o inicio da construción para o pasado outono e que a realidade sexan 4.200 empregos destruidos e as gradas baleiras

O deputado socialista lucense no Congreso José Blanco esixiu ao Goberno que “aclare” cal é a situación real dos contratos suscritos entre a petroleira Pemex, a SEPI e Hijos de J. Barreras, no marco das negociacións emprendidas polos gobernos de España e Galicia, e que dea garantías de que se van construir os dous buques hoteis en Galicia. Blanco incidiu en que as noticias publicadas nas últimas semanas xeran “preocupación”, polo que o Goberno debe explicar as súas xestións no “desexo compartido” de lograr carga de traballo para os asteleiros galegos.

O deputado lucense foi o encargado de defender na Deputación Permanente do Congreso a posición do Grupo Parlamentario Socialista sobre a comparecencia do ministro de Industria para explicar as xestións que o Goberno está a adoptar ante o retraso na adxudicación destes dous buques.

Na súa intervención, Blanco lembrou que os gobernos de Galicia e España anunciaron en setembro a celebración duns contratos con Pemex que permitirían o mantemento de 3.000 postos de traballo (900 en Navantia Ferrol-Fene) grazas á construción de dous floteis. Sen embargo, malia que se anunciou que os barcos comezarían a construirse o pasado outono, a realidade é que “as gradas están baleiras” e que no último ano se destruiron 4.200 postos de traballo no naval galego e pecharon 90 empresas auxiliares. “Estes feitos engaden frustración e desesperación a miles de persoas que tiñan a esperanza de manter os seus empregos”, sinalou.

O deputado socialista salientou que desde abril do ano pasado, os gobernos de España e de Galicia anunciaron primeiro a construción de 14 remolcadores, logo de dous quimiqueiros e, finalmente, poucos días despois da convocatoria das eleccións galegas, de dous floteis pero negáronse a amosar os contratos, tal e como pediu o Grupo Parlamentario Socialista no Congreso.

O máis “preocupante”, segundo indicou Blanco, é que desde entón se produciron distintas informacións que engaden “incerteza” á realización dos barcos porque, fronte ao anunciado, os contratos non se asinaron con Pemex senón cunha filial e porque, ademais, para lograr a construción deses buques hai que presentarse a un concurso aberto e gañalo. “Ninguén a priori pode garantizar a adxudicación dese concurso”, puntualizou o deputado socialista, quen incidiu en que hai poucos días se anunciou un retraso de tres meses na licitación dos floteis.

“Se os gobernos de España e Galicia queren o apoio do Grupo Parlamentario Socialista para a xeración de emprego, que é a primeira preocupación do país, non poden pedir confianza cega e non ensinar os contratos”, sinalou. Por iso, argumentou a necesidade da comparecencia do ministro na esixencia de “aclarar” qué xestións está a realizar o Goberno para asegurar esa carga de traballo para o naval galego, no “desexo compartido” de que se “materialicen” os contratos e se “garantan” os postos de traballo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar