Blanco e Seara afirman que con Pachi no Goberno a Xunta esixirá responsabilidades a Rajoy polos Presupostos

Blanco e Seara afirman que con Pachi no Goberno a Xunta esixirá responsabilidades a Rajoy polos Presupostos

Blanco e Seara afirman que con Pachi no Goberno a Xunta esixirá responsabilidades a Rajoy polos Presupostos

Santiago de Compostela, 01 de outubro de 12. Os deputados socialistas, José Blanco e Laura Seara, fixeron valoración en rolda de prensa do Presupostos Xerais do Estado para Galicia, que o PSdeG define en liñas xerais como malos, e que traen como consecuencia máis sufrimento, máis empobrecemento, máis desemprego e máis recortes sociais.

Para o deputado José Blanco, a razón do adianto electoral en Galicia atópase nos PXE. O socialista argumenta que Rajoy e Feijoo, como xa sucedera en Andalucía, quixeron “ocultar os orzamentos e as medidas que terá que tomar o Goberno cando España sexa rescatada”. Pero confía Blanco en que, como nas autonómicas andaluzas, a estratexia se volva contra os populares e o PSdeG-PSOE, con Pachi Vázquez, poida liderar un goberno de cambio.

Neste sentido Laura Seara afirmou que confía en que o vindeiro Goberno galego, o que saia das urnas o 21-O, estea pendente dos galegos e das galegas e “esixa responsabilidades ao Goberno de Rajoy polos enganos continuados a Galicia”, dixo en referencia a un futuro goberno liderado por Vázquez.

Segundo Blanco os Orzamentos de Rajoy, en lugar de atacar á crise, ataca ás vítimas, dando a batalla por perdida. “O país váiselle das mans a Rajoy”, recriminou ao Presidente do Goberno, e engadiu que ningún galego diría que estamos mellor agora que hai nove meses. Pero o que resulta máis dramático para os socialistas é que os PXE fan prever un empeoramento da situación. Destaca o deputado socialista o recorte do investimento produtivo previsto, o que provocará elevar a taxa de paro.

Os PXE castigan aos parados, conclúe, xa que, cunha taxa de paro do 24%, Rajoy reduce as partidas para prestacións nun 6,6%, e o que é peor a ollos dos socialistas, “o maior machadazo ao fomento do emprego, cun recorte do 34,6%”.

Critican os socialistas o engano sobre o incremento do gasto social anunciado polo Goberno, cando en realidade, diminúe, a través de medidas como o pago dos traslados aos hospitais en ambulancia, ou que, como en Galicia, as mulleres non poidan facerse as mamografías para a prevención do cancro. Condenan o recorte en becas e denuncian o aprazamento da suba das taxas universitarias polas eleccións autonómicas.

Pero en relación ao gasto social, os que máis sofren sos os pensionistas. Neste sentido, Laura Seara advertiu do risco que supón recorrer ó Fondo de Reserva para dar cobertura aos pensionistas, aos que se lles baixará a pensión, pois, explica Seara, para 2013, o desfase orzamentario sitúase no 4,3%, e a suba prevista polo executivo no 2%. A isto deberíase sumar a incorporación de novos pensionistas.

Pero a perda de poder adquisitivo vese agravada polo copago de medicinas, os 425 medicamentos retirados da lista da Seguridade Social ou a redución do 40% do orzamento do IMSERSO para programas e avellentamento activo.Blanco advirte que a non revalorización das pensións ao IPC suporá en Galicia unha perda do poder adquisitivo de 250€ por pensionista.

MENOS INVESTIMENTO EN GALICIA

Blanco e Seara situaron no 23,3% a caída do investimento no noso país, o que levou a esta última a tildar de “humillantes” os PXE e antisociais, pois Sanidade, Educación e Políticas Sociais sofren un recorte do 14,4%.

En infraestruturas, o panorama é “desolador”, segundo Blanco. Especialmente para Galicia. O deputado socialista afirma que “Rajoy desprezou a Galicia cando gobernaba con Aznar e agora, que ten responsabilidade directa continúa igual, co aplauso de Feijoo”.

Advirte o que fora ministro de Fomento que as obras que do presupostado para o AVE non se executará nin o 30%, como sucedeu cos PXE de 2012. Segundo as previsións do Goberno de Rajoy, apunta, non se acabarán as obras ata o 2022, e o eixo atlántico, que debera acabarse en 2013 non estará listo ata o 2017.

O socialista teme que, logo das eleccións, o Goberno pare as obras do AVE a Galicia e “os pratos rotos os paguemos os galegos”. As infraestruturas por estrada tamén se aprazan, dixo Blanco. Lugo-Santiago, a 3ª Ronda da Coruña, e incluso os 14km. que quedaban da autovía do cantábrico aprázase ata 2014. A “tomadura de pelo” que denuncian os socialistas sitúa en 2040 as obras que o Goberno promete para 2024.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar