Blanco denuncia a paralización da Plisan e empraza ao Goberno a impulsar unha infraestructura estratéxica para o desenvolvemento de Galicia

Blanco denuncia a paralización da Plisan e empraza ao Goberno a impulsar unha infraestructura estratéxica para o desenvolvemento de Galicia

Blanco denuncia a paralización da Plisan e empraza ao Goberno a impulsar unha infraestructura estratéxica para o desenvolvemento de Galicia

Dixo que “hai que desenrolar esta area extratexica tan importante para o transporte de mercadorias e para o desenvolvemento economico de Galicia”

O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo José Blanco denunciou hoxe a paralización da Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves (Plisan), nunha visita ás obras de construción desta infraestrutura, na que advertiu: “non pode ser que estea paralizada e sen proxectos”. O candidato emprazou ao Goberno a aproveitar os recursos europeos “para financiar, avanzar e desenvolver a plataforma e xerar un pulo de actividade económica e de desenvolvemento para toda Galicia”.

Nunha visita á Plisan, Blanco demandou o desenvolvemento dunha “área extratéxica tan importante para o transporte de mercadorías e para o desenvolvemento económico de Galicia”.

Segundo expuxo, esta infraestrutura está chamada a convertirse nun punto neurálxico dentro do Corredor Atlántico de mercadorías. Nese senso, demandou un esforzo “para aproveitar os recursos europeos, no periodo 2014-2020”, co fin de conectar a través da rede ferroviaria o transporte de mercadorías e converter a Plisan nun eixe central de entrada e saída de mercadorías cara a Europa.

Intensa xornada de traballo

O candidato socialista mantivo esta mañá unha intensa xornada de traballo. A primeira hora da mañá mantivo unha xuntanza cos afectados do concello de Arbo pola construción da liña de alta tensión entre España e Portugal. Posteriormente, visitou as instalacións da Plataforma Loxística, para logo cursar unha visita á cooperativa de flores Viveiro Rio Nilo en Tomiño e, por último, á bodega Lagar de Cervera, no Rosal.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar