Blanco demanda un xiro económico e social para frear os recorte salariais, o peche de empresas e a falla de créditos

Blanco demanda un xiro económico e social para frear os recorte salariais, o peche de empresas e a falla de créditos

Blanco demanda un xiro económico e social para frear os recorte salariais, o peche de empresas e a falla de créditos

Reclama un cambio de rumbo o 25 de maio “para impulsar políticas sociais, políticas do benestar e políticas de crecemento”

O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo José Blanco demandou hoxe un xiro económico e social na UE, “para frear os recortes salariais, para frear o peche de empresas por falla de crédito, para frear o incremento da desigualdade e da pobreza”.

Blanco participou esta mañá nunha xuntanza con directivos da empresa compostelá Traveme, adicada ao sector automobilístico, da que sinalou que constitúe “un bo reflexo” de como se invisten os recursos europeos.

O candidato socialista reclamou un cambio de rumbo o 25 de maio “para impulsar políticas sociais, políticas do benestar e políticas de crecemento”. E para poñer no corazón de Europa “como prioridade a creación de emprego”.

Explicou que entre as medidas que impulsarán os socialistas no Parlamento Europeo, neste eido, se atopa incrementar o Plan de garanta xuvenil para triplicar os fondos destinados a combater o desemprego dos mozos, e incrementar o Fondo Social Europeo para que ningunha persoa maior de 45 anos poida quedar excluída do mercado laboral.

Santiago, Vigo, Silleda

Blanco participou esta mañá nunha xuntanza con directivos da empresa compostelana Traveme. Esta tarde participará en Vigo no cumio de socialistas de Galicia e do Norte de Portugal, e ás 21:30 intervirá nun mitin en Silleda.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar