Blanco demanda “rebelarse contra o engano e a soberbia” do PP

Blanco demanda “rebelarse contra o engano e a soberbia” do PP

Blanco demanda “rebelarse contra o engano e a soberbia” do PP

O candidato asegurou que a cidadanía “non comulga con rodas de muíño”, por iso a mellor noticia dos vindeiros días “é que o PP e Rajoy perderan as vindeiras eleccións”

Os socialistas saímos as rúas “ao encontro da cidadanía para dicirlles que hai alternativa fronte á resignación da dereita”

Dixo “o 25-M hai que pechar a porta á dereita e abrirlle a porta ao cambio”

O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo José Blanco criticou o triunfalismo amosado, onte en Lalín, polo Presidente, Mariano Rajoy e polo candidato ás eleccións europeas Miguel Arias Cañete. “Onte vimos en Lalín a un presidente do Goberno contento de ter empeorado todo o que recibiu: o emprego, os salarios, a educación, a sanidade, as pensións”. Por iso demandou rebelarse “contra o engano e a desidia do PP”. Dixo “o PP di que todo vai mellor, pero neste pais todo vai a peor”.

Blanco afirmou que Rajoy “é un presidente que se conforma con deixar todo peor”, xa que acaba de confesarlle a Bruxelas “que se todo vai ben, deixará 600.000 postos de traballo menos cós que se atopou”. Asegurou que a cidadanía “non comulga con rodas de muíño”, por iso a mellor noticia dos vindeiros días “é que o PP e Rajoy perderan as vindeiras eleccións”

Nun encontro esta mañá en Ferrol, o candidato socialista realizou unha visita ao Mercado de Caranza acompañado de militantes, no marco da xornada de mobilización e contacto coa cidadanía que o PSOE desenvolve en 250 cidades de toda España. “Hoxe -dixo- saímos ás rúas ao encontro da cidadanía para dicirlles que hai alternativa fronte á resignación da dereita”.

O candidato socialista emprazou ao presidente Rajoy que explique á cidadanía “que vamos mellor aos 300.000 galegos que están no paro, ou aos traballadores que sofren precariedade e recortes de salarios, ou aos miles de mozos que non poden seguir estudando polo recorte das becas”, replicou.

Por iso insistiu nas súas criticas “non imos mellor en nada, imos peor en todo, e os socialistas non nos conformamos con que todo vaia peor”.

Blanco asegurou que “fronte ao paro, a precariedade, os recortes e a emigración provocada polos Gobernos de Rajoy e Fejióo”, hai unha alternativa, “que aposta polo emprego, polo crecemento, polos dereitos sociais e laborais. Pola xustiza social. A alternativa do Partido Socialista”.

E resumiu “o 25-M hai que pechar a porta á dereita e abrirlle a porta ao cambio”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar