Blanco chama aos galegos a castigar o 25 de maio a política “retrógrada e antisocial” de Rajoy de “retroceso” nas liberdades e “recortes sociais”

Blanco chama aos galegos a castigar o 25 de maio a política “retrógrada e antisocial” de Rajoy de “retroceso” nas liberdades e “recortes sociais”

Blanco chama aos galegos a castigar o 25 de maio a política “retrógrada e antisocial” de Rajoy de “retroceso” nas liberdades e “recortes sociais”

O candidato socialista afirma que Rajoy quere un “cheque en branco” para seguir “cos recortes sociais, cos recortes laborais e para seguir traballando por un país cada vez máis desigual e de menos oportunidades”

Defende que os socialistas impulsarán en Europa triplicar o orzamento adicado para o emprego xuvenil

O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo José Blanco asegurou esta mañá que a “R de Rajoy tradúcese na súa acción política en retrocesos en materia de liberdades, en recortes en materias sociais e nunha vision moi retrórgrada deste país que pensábamos que xa superáramos”, motivo polo que chamou aos galegos a castigalo cos seus votos o 25 de maio. “Non lle podemos dar un cheque en branco a Rajoy porque a súa política nos conduce a máis precariedade, a menos dereitos”, sostivo.

Nun encontro co secretario xeral de Xuventudes Socialistas, Aitor Bouza, e membros do colectivo, Blanco incidiu en que o que quere Rajoy é un “cheque en branco” para seguir facendo o mesmo o día 25 de maio. “Eu pídolle a todos os galegos e españois que non lle dean un cheque en branco a Rajoy para que siga cos recortes sociais, cos recortes laborais e traballando por un país que cada vez e máis desigual e de menos oportunidades”.

Segundo sinalou, en Galicia “dase a paradoxa” de que Feijóo quere que Arias Cañete sexa o representante de Galicia. “Se o señor Feijóo non ten un representante de Galicia no seu partido que poida pensar en Galicia e traballar por Galicia eu bríndome ao señor Feijóo para ser o representante de Galicia e dos intereses de Galicia en Bruxelas”, indicou Blanco, quen advertiu que “o peor castigo para Galicia o 25 de maio é que os cidadáns ratifiquen a política antisocial de Rajoy e ratifiquen a política antigalega de Cañete, como se ten demostrado na reforma da política pesqueira ou na reforma da política agraria común”.

Por iso, animou aos galegos a “castigar co voto a este goberno”. “Rajoy quere que as eleccións sexan un referendo sobre a súa política. Desde logo, se a maioría que quere que haxa dereitos, liberdades, oportunidades, se esa xente sae a votar e non se resigna poderemos cambiar a política nacional e o rumbo de Europa. Iso é o que se xoga o 25 de maio”, incidiu.

Para o candidato socialista, Galicia ten a oportunidade nas vindeiras eleccións de pór freo ás políticas impulsadas polo PP desde que goberna e que son lesivas para Galicia e para os mozos galegos. Blanco lembrou que desde que goberna o PP, 300.000 mozos preparados e formados tiveron que emigrar de España, 20.000 deles galegos. “É necesario poñer freo a esta sangría e iso só se pode facer poñendo o emprego na prioridade política da UE. Por iso os socialistas levamos unha proposta para triplicar os fondos para o emprego xuvenil, para que a xente ben preparada e formada se poida quedar neste país para xerar unha dinámica que supoña economía produtiva e emprego de futuro”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar