Blanco afirma que o cambio de rumbo en Europa esixe mobilización masiva nas urnas contra as políticas antisociais da dereita española e europea

Blanco afirma que o cambio de rumbo en Europa esixe mobilización masiva nas urnas contra as políticas antisociais da dereita española e europea

Blanco afirma que o cambio de rumbo en Europa esixe mobilización masiva nas urnas contra as políticas antisociais da dereita española e europea

Afirma que lle cede a Feijóo a paternidade da proposta de constituír un lobby para defender os intereses do país en Europa “se con iso se suma a facer algo positivo por e para Galicia”

O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo, José Blanco, asegurou esta tarde na Coruña que “os dereitos sociais non se recuperan quedando na casa; o benestar non se conquista sen mobilización; o investimento e o emprego non se xeran sen cambio”. “O cambio esixe mobilización masiva nas urnas contra a dereita española e europea”.

Dentro do ciclo sobre Europa organizado pola Agrupación Socialista Coruñesa e acompañado da secretaria xeral local, Mar Barcón, e do provincial, Francisco Caamaño, Blanco ironizou sobre as palabras pronunciadas por Feijóo esta mañá: “o seu candidato leva 10 anos no Parlamento Europeo e os galegos teñen a sensación de que foi irrelevante. O noso, Antolín Sánchez Presedo, non o foi, foi un gran parlamentario”.

Precisamente por iso, o candidato socialista explicou que se ofreceu a ser o representante de Galicia en Europa, a traballar de xeito conxunto polos intereses de Galicia, precisamente “ante a irrelevancia do PP”. “Non esperaba que acollera a resposta porque o PP o único que fai é dividir, enfrontar. En todo caso, eu cédolle a paternidade da idea se con iso se suman a facer algo positivo por e para Galicia”.

A este respecto, Blanco asegurou que o Partido Socialista será “unha voz forte” en Europa que faga valer as “necesidades e intereses” de Galicia no seo da Unión.

Na súa opinion, “Europa encóntrase ante o maior reto dende a súa fundación: decidir que quere ser no futuro” e da resposta a ese desafío “depende que a herdanza que recibimos se dilapide ou se consolide, amplíe e enriqueza”.

Segundo expresou, anos de maiorías conservadoras na Unión Europea levaron a que esta se afastara dos cidadáns, situación que se viu agravada coa crise económica e a imposición das políticas de “austeridade extrema” que só trouxeron “precariedade, desigualdade e pobreza” á cidadanía. Para Blanco, “Europa necesita un novo rumbo” que poña o acento no “social”, que priorice “a política sobre o mercado”, que prime os “mecanismos e os controis democráticos” e que aposte decididamente por unha nova “Axenda do crecemento” para impulsar políticas de investimento que xeren actividade económica e emprego.

Precisamente, indicou que a importancia das vindeiras eleccións do 25 de maio radica en que Europa, España e Galicia “deben elixir entre a esquerda do emprego e a defensa dos dereitos sociais ou a dereita da austeridade e os recortes ao ditado dos mercados”.

Blanco lembrou que Europa toma cada día decisións transcendentais para sectores estratéxicos de Galicia, como o naval, a automoción, a pesca e o mar. “Por iso é tan transcendente que a cidadanía vote o 25 de maio, porque unha nova maioría pode cambiar o enfoque e as prioridades das leis básicas que desde a UE determinan a nosa economía e o noso benestar”.

A este respecto, subliñou que o Goberno “non negociou ben en Europa” o reparto das axudas da Política Agraria Común, ao que sumou que “decidiu en España un reparto lesivo para os agricultores e gandeiros galegos”, ata o punto que no próximo período 2014-2020 os gandeiros e agricultores galegos deixarán de percibir arredor de 140 millóns de euros.

“O noso compromiso é dar a batalla para cambiar eses criterios, de forma que se vinculen máis directamente as axudas ao emprego e para que, dentro das políticas de desenvolvemento rural, se consideren os criterios de demografía e a necesidade de aumentar a base territorial”, comprometeu.

Repecto dos fondos estruturais e de cohesión, censurou que nunha situación de rise como a actual a Xunta teña a execución máis baixa dos mesmos en España, e fixo fincapé en que no novo período 2014-2020, será rexión de transición e “deberá pelexar para lograr fondos dentro da partida de 38.900 millóns de euros previstos para estas rexións nos presupostos comunitarios”. “E deberá loitar por captar recursos procedentes dos 11.700 millóns de euros destinados a cooperación territorial”.

“Son exemplos que evidencian a transcendencia do que a cidadanía vote o 25 de maio”, indicou Blanco, quen apuntou que de cara a esa cita é necesario impulsar un cambio para que unha maioría socialdemócrata tome as rendas das institucións comunitarias e priorice o investimento e o emprego. “Un cambio en Europa será preludio do cambio en España e en Galicia”, apuntou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar