Blanco afirma que é o momento de impulsar unha auténtica axenda contra a desigualdade en Europa

Blanco afirma que é o momento de impulsar unha auténtica axenda contra a desigualdade en Europa

Blanco afirma que é o momento de impulsar unha auténtica axenda contra a desigualdade en Europa

O candidato socialista dixo que tras dous anos de goberno de Rajoy e cinco de Feijóo, non hai un só indicador que mellorara

“Galicia non pode resignarse a ter preto de 300.000 persoas no paro, ou a que máis de 130.000 mozos e mozas emigraran nos últimos 5 anos por falta de oportunidades na nosa terra”

Anunciou que o Grupo Socialista porá freo aos ataques da dereita e impulsará medidas para garantir pensións públicas suficientes, que permitan manter unhas condicións de vida dignas ás persoas maiores

O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo José Blanco emprazou esta mañá á cidadanía a dar un xiro social en Europa, “porque senón continuara a depresión económica e social en Galicia e en España”. E insistiu “é a hora de impulsar unha auténtica Axenda contra a Desigualdade en Europa, porque ou Europa devolve a esperanza á xente ou a xente perdera a esperanza en Europa”.

Nun encontro en Ourense, con axentes económicos e sociais, e en compañía do alcalde de Ourense, Agustin Fernández, o candidato socialista asegurou que Galicia “non pode resignarse” a ter preto de 300.000 persoas no paro, ou a que máis de 130.000 mozos e mozas emigraran nos últimos 5 anos por falta de oportunidades na nosa terra, 13.000 deles ourensáns. “Galicia non pode resignarse a que 8.000 empresas desapareceran sen seren reemprazadas por outras”, insistiu.

Dixo que “tras dous anos de goberno de Rajoy e cinco de Feijóo, non hai un só indicador que mellorara”. Blanco, indicou que a importancia das vindeiras eleccións do 25 de maio radica en que Europa, España e Galicia “deben elixir entre a esquerda do emprego e a defensa dos dereitos sociais ou a dereita da austeridade e os recortes ao ditado dos mercados”.

O candidato socialista denunciou ademais que coa reforma decidida polo Goberno, os pensionistas galegos van sufrir un recorte de 5.000 millóns de euros nos próximos 8 anos, 7.000 euros por persoa.

Por iso anunciou que o Grupo Socialista porá freo aos ataques da dereita e impulsará medidas para garantir pensións públicas suficientes, que permitan manter unhas condicións de vida dignas ás persoas maiores. A maiores aludiu támen a lei da dependencia “que a dereita esta deixando morrer, e que fixo desaparecer das lista de espera a 30.000 dependentes que xa tiñan recoñecida o dereito a percibila”.

Pacto europeo polo emprego xuvenil

Ademais anunciou tamén que Grupo Socialista impulsará un Pacto Europeo polo Emprego e o Progreso Social, e dentro del triplicar os fondos para Emprego Xuvenil. Tamén demandará combater o desemprego de longa duración, aumentando as axudas para parados maiores de 45 anos e desbloquear o financiamento para as pemes.

Por ultimo aludiu ao recorte de fondos de desenvolvemento rural para a provincia que impulsou Arias Cañete, por iso demandou un cambio en políticas como a PAC, “para que a xente do mundo rural, a que vive directamente del, que crea emprego nel, sexan os beneficiarios reais das axudas europeas, e non os rentistas, como impuxo Cañete coa baixada de cabeza da Xunta de Feijóo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar