Blanco afirma que “coa abstención non se cambian as cousas” e demanda “rebelarse contra a resignación e o conformismo de Rajoy e Feijóo”

Blanco afirma que “coa abstención non se cambian as cousas” e demanda “rebelarse contra a resignación e o conformismo de Rajoy e Feijóo”

Blanco afirma que “coa abstención non se cambian as cousas” e demanda “rebelarse contra a resignación e o conformismo de Rajoy e Feijóo”

Explicou que o sector do viño é un dos principais xeradores de economía e emprego en moitas zonas de Galicia, por iso demandou “incentivos e axudas, e non lastres”

Advertiu que gracias a xestión de Arias Cañete “os agricultores e gandeiros galegos van recibir 140 millóns de euros menos ata 2020 pola nefasta negociación que fixo da PAC en Europa e polos criterios de reparto de axudas que impuxo en España”

Demandou un lobby galego para defender os intereses de Galicia en Europa, pero criticou que “Feijóo solo quere dividir, non quere sumar para traballar por este pais”

O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo José Blanco afirmou hoxe que “coa abstención non se cambian as cousas”, porque iso significa “que decidan por ti outros”, polo que demandou á cidadanía “rebelarse contra a resignación e o conformismo de Rajoy e Feijóo”. E insistiu “se o PP segue recortando, recortará ata o aire que respiramos”.

Blanco visitou esta mañá a Feira do Viño do Ribeiro de Ribadavia acompañado do alcalde da localidade Marcos Blanco, e deputados e cargos provinciais. Alí explicou que o sector do viño é un dos principais xeradores de economía e emprego en moitas zonas de Galicia, por iso demandou “incentivos e axudas, e non lastres”.

Afirmou que traballará para forzar ao Goberno a que rexeite de plano a proposta da súa Comisión de Expertos de establecer un imposto para o viño. Denunciou que “Rajoy xa subiu 50 impostos”, e replicou “basta xa”. Subliña ademais que unha subida de impostos “faría caer o consumo de viño en España e dificultaría as exportacións”.

Blanco denunciou que gracias a xestión de Arias Cañete “os agricultores e gandeiros galegos van recibir 140 millóns de euros menos ata 2020 pola nefasta negociación que fixo da PAC en Europa e polos criterios de reparto de axudas que impuxo en España”. Nese senso dixo que é necesario “cambiar a politica agraria común que ven de aprobar a UE e Arias Cañate, xa que é prexudicial para os gandeiros galegos”, e asevera que moitas das axudas que aproba a UE “son concedidas a grandes terranientes que nin traballan e nin viven do campo”.

Ademais demandou un lobby galego para defender os intereses de Galicia en Europa, pero criticou que “Feijoo solo quere dividir, non quere sumar para traballar por este pais”.

Criterios que son un lastre

Por iso anunciou que traballará no Parlamento Europeo “co fin de cambiar os criterios, que son un lastre para o desenvolvemento do noso sector primario”.
O sector do viño é un dos principais xeradores de economía e emprego en moitas zonas de Galicia. “O que necesita son incentivos e axudas, non lastres”, argumentou.

O candidato socialista afirmou “o meu compromiso é ser altavoz das necesidades e demandas dos nosos sectores produtivos no Parlamento Europeo e, por suposto, do sector do viño, un sector que aporta valor engadido, calidade e imaxe de marca a Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar