Blanco advirte "pulsión de cambio" e sinala que Pachi Vázquez será presidente porque a xente "compórtase nas urnas de acordo co que sinte e pensa"

Blanco advirte "pulsión de cambio" e sinala que Pachi Vázquez será presidente porque a xente "compórtase nas urnas de acordo co que sinte e pensa"

Blanco advirte "pulsión de cambio" e sinala que Pachi Vázquez será presidente porque a xente "compórtase nas urnas de acordo co que sinte e pensa"

O deputado socialista por Lugo José Blanco amosouse “convencido” de que Pachi Vázquez vai ser o novo presidente de Galicia porque na sociedade “hai pulsión de cambio” e a xente tende a comportarse nas urnas “de acordo ao que pensa e sente”.

Durante unha visita á feira de Xinzo da Limia, na que estivo acompañado da deputada socialista Laura Seara e outros militantes do partido en Xinzo, Blanco asegurou que no ecuador da campaña, “estáse a producir unha mobilización dos indecisos a unha decisión de voto de cambio”.

“Por iso estou convencido de que o cambio é imparable en Galicia, que hai unha marea silenciosa de persoas defraudadas co goberno de Feijóo e de Rajoy que lle van sacar a tarxeta vermella porque saben que avalar en Galicia as políticas de Rajoy e Feijóo daríalle a Rajoy barra libre para seguir a facer recortes que están a afectar gravemente os dereitos e as posibilidades das persoas”, indicou o ex ministro, quen explicou que “cada vez hai máis xente que silenciosamente están manifestando a súa intención de votar cambio en Galicia”.

Para Blanco, en Galicia non hai tanto indecisos como moita xente que non quere dicir a quen vai votar porque “a algúns lles custa traballo recoñecer 9 meses despois que se equivocaron fai 9 meses votando ao PP e a Rajoy”. “Estou convencido de que esa marea silenciosa vai determinar o resultado electoral de Galicia. E se hai un dato que está claro en todas as enquisas é que hai pulsión de cambio, que a maioría dos cidadáns queren un cambio de goberno”.

O ex ministro de Fomento sostivo ademais que Galicia vai gañar co cambio porque os cidadáns van ter en Pachi Vázquez “un presidente preto dos problemas da xente, non nas nubes como está agora Feijóo”. “Só un presidente cos pés na terra, cercano á xente, pode afrontar os problemas. Quen non recoñece os problemas non os vai afrontar nin os vai resolver, que é o que lle está a ocorrer a Feijóo”.

Así mesmo, sostivo que como presidente Pachi Vázquez vai aportar unha sensibilidade distinta coas provincias do interior, pois coñece “moi ben” os problemas da Galicia interior. “É unha garantía para ter presente que o desenvolvemento harmónico de Galicia ten que contemplar un desenvolvemento tamén das zonas máis despoboadas. Se Galicia non afronta o problema da demografía xerando oportunidades aos cidadáns e á xente desde logo teremos un problema para o futuro moi serio”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar