Besteiro ve positiva a adxudicación dos floteis aínda que o seu efecto xa estivera descontado e esixe carga de traballo para o naval

Besteiro ve positiva a adxudicación dos floteis aínda que o seu efecto xa estivera descontado e esixe carga de traballo para o naval

Besteiro ve positiva a adxudicación dos floteis aínda que o seu efecto xa estivera descontado e esixe carga de traballo para o naval

O Secretario Xeral do PSdeG censura a absoluta inoperancia dos gobernos populares nestes dous anos e reprocha a Feijóo e a Rajoy as ocasións perdidas cos cargueiros e os gaseiros

Gómez Besteiro considera mínima a influencia do flotel sobre o emprego perdido en Navantia e reclama o dique flotante como solución para Ferrol

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou que a adxudicación dos floteis de PEMEX a Barreras e Navantia “é unha boa noticia e tiña esperanzas en que se concretara” pero recordou tamén que, empregando termos bolsistas, “o efecto é positivo, pero estaba absolutamente descontado”.

Saliento ademais que, a creación de 400 empregos en Ferrol vinculada á construción do flotel é “unha parte mínima” para Navantia, onde xa se perderon 4.000 postos de traballo.

O dirixente socialista conminou tanto a Feijóo como a Rajoy a “buscar carga de traballo” para o sector naval, “logo de dous anos de absoluta inoperancia”. Lembrou que, “mentres gobernaba o Partido Socialista a carga de traballo estaba garantida”.

Para Gómez Besteiro “hai que ser realistas, hai que garantir carga de traballo, e xa se perderon as operacións relacionadas cos cargueiros e cos gaseiros”. Polo tanto, o máximo responsable dos socialistas galegos afirma que “hai que apostar polo dique flotante, porque senón non haberá futuro para o naval en Ferrol”.

O líder dos socialistas galegos fixo estas declaracións a preguntas dos xornalistas nunha intervención previa á xuntanza de traballo que mantivo hoxe en Santiago, na sede nacional do PSdeG, cos pensionistas retornados afectados polo cobro de atrasos que lles reclama Facenda.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar