Besteiro ve "moi decepcionante" a actitude de "pleitesía" de Feijóo e Rajoy con Merkel, "obsesionados por colocar os seus no poder en vez de reclamar osíxeno para a xente"

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, califica de “profundamente decepcionante” a actitude “de pleitesía” de Feijóo e Rajoy na visita de Angela Merkel a Compostela, xa que viu a ambos dirixentes “moi obsesionados por colocar os seus no poder en vez de falarlle dos problemas reais da cidadanía e pedir un cambio de camiño en Europa que lle dea osíxeno á xente”.

“Sinceramente, estou moi decepcionado, esperaba unha maior altura de miras, autocrítica e unha mensaxe realista con novas medidas que dean esperanza ás persoas, e non palabras baleiras que están moi lonxe da realidade que vivimos cada día na rúa”, afirma o socialista, que destaca que “a sensación que deixan é que Rajoy aceptará calquera tipo de recortes adicionais con tal de colocar ben a Cañete ou a De Guindos en Europa”.

Besteiro amosou tamén a súa “perplexidade” ante as palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que aproveitou a visita da chanceler alemá para “facer unha comparación absurda” dicindo que Merkel non gobernaría en Alemaña coa actual lei electoral española para xustificar a súa reforma. “Non deixa de ser curioso que para Feijóo o máis importante da visita de Merkel a Galicia sexa actuar como presidente do PP e non como presidente de todos os galegos que o pasan mal, e falar da súa obsesión por que vai ser do seu partido despois das eleccións municipais”.

“No que debera pensar Feijóo, por exemplo, é en que coas súas políticas, Merkel nunca puidera ter desenvolvido a súa carreira como investigadora en Galicia”, di o socialista, que lembra que a alemá goberna por un pacto cos socialistas e non por unha lei electoral que lle regalara a maioría absoluta cun 40% dos votos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar