Besteiro ve a Feijóo “despreocupado ante a parálise da economía galega” e pídelle “máis responsabilidade” para traballar “por unha recuperación social”

Besteiro ve a Feijóo “despreocupado ante a parálise da economía galega” e pídelle “máis responsabilidade” para traballar “por unha recuperación social”

Besteiro ve a Feijóo “despreocupado ante a parálise da economía galega” e pídelle “máis responsabilidade” para traballar “por unha recuperación social”

Foto webO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe que ve ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, “despreocupado ante a situación de parálise da economía galega, da a sensación de que está noutras cousas”.
Antes de participar en Santiago nun almorzo con representantes da Asociación Galega da Empresa Familiar, o líder dos socialistas galegos lamentou “análises utópicos da realidade por parte de altos cargos da Xunta, cando en Galicia temos hoxe en día 250.000 desempregados e a metade xa non reciben ningún tipo de prestación”.
Besteiro apostou por traballar “por unha recuperación non só económica senón tamén social, hai sectores estratéxicos para Galicia con problemas moi graves que non atopan interlocutores na Xunta, non saben a quen dirixirse”, amosando a predisposición dos socialistas “para traballar na busca de solucións reais”.
“A Xunta de Galicia é a máxima autoridade e vivimos nunha comunidade autónoma na que moitas familias viven dos ingresos dunha pensión, hai unha parálise que demanda unha maior responsabilidade por parte do Goberno galego”, manifestou.
Besteito cualificou de “necesaria” a reunión coa Asociación Galega de Empresa Familiar, “xa que falamos dun 20% do PIB galego, os representantes políticos temos que escoitar a todos os sectores produtivos e traballar para mellorar a situación na que se atopan”.
“O que podemos garantir os socialistas é unha preocupación absoluta por como evolucionan o crecemento económico e as cifras de paro, xa que o emprego e a recuperación da igualdade social son as nosas prioridades”, engadiu o líder dos socialistas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar