Besteiro traslada o compromiso socialista de garantir o sistema público de pensións como dereito constitucional

Besteiro traslada o compromiso socialista de garantir o sistema público de pensións como dereito constitucional

Besteiro traslada o compromiso socialista de garantir o sistema público de pensións como dereito constitucional

Lembra na Festa dos Maiores a aposta de Pedro Sánchez por “eliminar os repagos sanitarios” e lamenta que se teñan convertido no sustento das súas familias “pola precariedade dos seus fillos e netos”

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, aistiu hoxe á Festa dos Maiores de Pol para conmemorar o Día Internacional das Persoas Maiores que se celebrou esta semana. Besteiro destacou a aposta do seu partido por reformar o marco constitucional para “garantir o sistema público de pensións” posto en marcha polos socialistas e “a igualdade de dereitos de todos os cidadáns, incorporando como dereitos fundamentais a protección social, a sanidade e a educación”.

Gómez Besteiro lembrou asimesmo o compromiso de Pedro Sánchez de “eliminar os repagos sanitarios” se chega ao Goberno e de modificar o sistema público de pensións “para que os nosos fillos teñan a pensión que merecen e que hoxe non garante o PP”, dixo. O socialista sinalou ante os maiores a “dramática situación dunha xeración que tras ter logrado razoables cotas de seguridade persoal asiste á insoportable precariedade dos seus fillos e netos, a quen se ven na obriga de axudar para converterse na auténtica rede de protección” das súas familias.

“É inxusto que estas xeracións que traballaron sen descanso por unha sociedade mellor para os seus fillos se vexan agora como o sustento principal de moitos fogares mozos”, lamentou Besteiro, que lembrou os datos do paro coñecidos onte reflicten que máis do 50% dos parados en Galicia xa nin sequera cobran prestación, e as baixas da Seguridade Social son máis do dobre que a baixada do paro, “un claro signo de que os galegos están abocados a desistir no intento de atopar un emprego digno ou a marchar de Galicia”.

O líder dos socialistas galegos lembrou que o PP vén de rexeitar no Congreso a emenda dos socialistas para aumentar un 2% as pensións máis baixas e un 1% o resto, e que coa suba de só o 0,25% nos Orzamentos “os maiores volverán perder poder adquisitivo” polos repagos e os maiores gastos que teñen que soportar en medicinas e en servizos.

Rede de residencias
Gómez Besteiro lanzou tamén unha mensaxe á Xunta, “que non pode deixar de lado a realidade do envellecemento da poboación do noso país”, e instou a Feijóo a “facer un esforzo con iniciativas como a rede de residencias públicas no rural impulsada pola Deputación de Lugo” no seu mandato, unha delas en Pol. “Debe ser unha prioridade concertar prazas nestes centros por diante dos de iniciativa privada”, advertiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar