Besteiro: “Tomei a decisión de centrar os meus esforzos no proxecto do PSdeG para Galicia como secretario xeral e non concorrer ás eleccións municipais”

Besteiro: “Tomei a decisión de centrar os meus esforzos no proxecto do PSdeG para Galicia como secretario xeral e non concorrer ás eleccións municipais”

Besteiro: “Tomei a decisión de centrar os meus esforzos no proxecto do PSdeG para Galicia como secretario xeral e non concorrer ás eleccións municipais”

16381577680_9ca9f4702f_zO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou hoxe en Santiago a súa decisión “de centrar os meus esforzos no proxecto do PSdeG para Galicia e non concorrer ás eleccións municipais”.

O líder dos socialistas galegos interveu esta mañá no Forum Europa, Tribuna Galicia de Nueva Economía, onde manifestou ante numerosos cargos do PSdeG, empresarios e representantes da sociedade civil que confía “en que a maioría dos cidadáns deste país non se moven por medo nin por enfado: móvense por confianza, e xerala ten que ser o noso reto”.

“En contra da resignación, os socialistas galegos temos a ambición por retomar un proxecto de país que se abandonou, queremos recuperar o público como motor de cambio, promover empregos de calidade, impulsar un plan de atracción e retorno do talento, aproveitar o potencial enerxético galego e consolidar un galeguismo de base económica”, dixo na súa intervención.

Besteiro lamentou que as receitas que o Partido Popular aplicou “baseáronse na austeridade co pretexto de reducir a débeda pública, pero resultou todo o contrario; temos máis débeda pública que cando tiñamos un gasto público máis alto e poño os exemplos de España e de Galicia, onde a pesar dos recortes e desmantelamentos de servizos públicos, se incrementa ano a ano”. “A débeda pode ser en determinadas situacións unha ferramenta para xerar riqueza, benestar social e crecemento, pero nunca para aumentar a desigualdade e o empobrecemento”, apuntou.

O secretario xeral do PSdeG lembrou que “a aposta pola austeridade da Xunta produciu que Galicia hoxe non ofrece oportunidades de desenvolvemento vital para os galegos, estamos cada vez máis lonxe do resto de España e Galicia se converteu nun país onde de ter que preocuparnos polo paro, pasamos a ter que preocuparnos directamente pola pobreza e exclusión social”.

“Feijóo chegou á presidencia da Xunta presentándose como un bo xestor, pero a realidade é que desde 2009 destruíronse en Galicia 120.000 empregos; 27.000 mozos de entre 15 e 34 anos abandonaron Galicia só entre 2013 e 2014; Galicia é a terceira comunidade autónoma que máis reduciu o gasto en servizos sociais dende o ano 2009, un 18,65%, e co Goberno de Feijóo está rematando de facto a equidade terapéutica na sanidade pública”, aseverou.

O líder dos socialistas galegos considera que “debemos traballar na reindustrialización do país, desenvolvendo en primeiro lugar unha verdadeira estratexia enerxética integral; temos que reivindicar Galicia como un territorio enerxético”.

“Creo que é posible devolverlle o orgullo a todas as persoas que non tiveron culpa da crise pero que foron equiparadas en responsabilidade cos verdadeiros responsables, é posible ser implacable ante os retrocesos en dereitos e servizos públicos e que o benestar dos homes e mulleres do noso país se sitúe sempre por riba de calquera interese económico”, apuntou Besteiro, que rematou manifestando a necesidade de que “as familias que deciden vivir aquí, poidan traballar e ter fillos aquí; creo, en definitiva que é posible recuperar o noso futuro, e así traballarei para que o sexa”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar