Besteiro: “Todo o que non sexa voto a Pedro Sánchez, será voto para a continuidade de Rajoy”

Besteiro: “Todo o que non sexa voto a Pedro Sánchez, será voto para a continuidade de Rajoy”

Besteiro: “Todo o que non sexa voto a Pedro Sánchez, será voto para a continuidade de Rajoy”

FOTO 3 CANDIDATURASO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe en Santiago que “todo o que non sexa voto a Pedro Sánchez o 20 de decembro, será voto para a continuidade de Rajoy”.

“España quere un cambio de goberno e a Rajoy pódeselle votar de forma directa ou indirecta, votando ao seu partido ou votando a otros partidos da dereita, polo que a única forma na que se pode dicir non a Rajoy é co voto ao Partido Socialista”, manifestou o líder do PSdeG na súa intervención para pechar o acto de presentación das candidaturas ao Congreso dos Deputados e o Senado dos socialistas galegos.

“É a lista dos mellores e das mellores para representar a Galicia e contribuír a que Pedro Sánchez alcance a maioría que lle permita encabezar a transformación política que a cidadanía pide; os socialistas modernizamos o país nos oitenta e somos nós os que podemos xestionar dun xeito social, sen vítimas, o crecemento e a saída da crise”, afirmou Besteiro.

O secretario xeral do PSdeG aseverou que “os socialistas non temos dúbidas: unha sociedade máis igualitaria é a clave para unha sociedade máis próspera”, antes de lembrar que “somos o único partido que con valentía está a propor unha solución ao problema territorial que temos en Cataluña, unha reforma constitucional na que Galicia terá moito que dicir como nacionalidade histórica para manifestar o noso non ao inmobilismo e as rupturas, e si ás reformas que o país precisa”.

Por outra parte, Besteiro apuntou que “estas eleccións xerais tamén serán un paso máis para a destitución de Núñez Feijóo como presidente da Xunta, nestes últimos meses Galicia dixo basta e as eleccións do 20 de decembro serán o segundo aviso que a cidadanía lle dá”.

“A dereita de Rajoy e Feijóo desmantelou o Estado, reducindo unha boa parte dos servizos públicos; os socialistas temos que recuperar o emprego de calidade e derrogaremos a reforma laboral, pararemos o destrozo na sanidade e loitaremos contra a desigualdade cun ingreso mínimo vital, unha renda básica”, manifestou.

“Debemos lembrar o que significaron estes catro anos de goberno da dereita, foi a lexislatura da corrupción, a desigualdade e a fractura social”, engadiu, antes de rematar aseverando que “cada un de nós ten un reto importante e debemos estar á altura da nosa historia; temos que considerar noso o proxecto socialista, traballar por el con todas as nosas forzas e levalo á rúa, porque o noso sitio está aí, na rúa, coa xente e empurrando xuntos cara ao futuro de España e de Galicia”.

Candidaturas por provincias
Pola provincia de A Coruña, a número 1 da candidatura ao Congreso é Pilar Cancela, que garantiu “igualdade para as mulleres e para que todos os mozos e mozas poidan estudar”, mentres que Ángel Mato encabeza a lista para o Senado o manifestou no acto de hoxe a necesidade de “reindustrializar o país”.

En Lugo, encabezan as listas Margarita Pérez Herráiz (Congreso), que anunciou “un impulso á Lei de Dependencia”, e Ricardo Varela (Senado), que prometeu o esforzo dos socialistas para que “as pensións e a sanidade pública sexan dereitos de todos”.

Na provincia de Pontevedra, lidera a candidatura ao Congreso Dolores Galovart, que falou “da necesidade de modernizar a xustiza”, mentres que o cabeza de lista ao Senado, Abel Losada, insistiu en que que “os socialistas derrogaremos a reforma laboral e loitaremos por uns salarios dignos”.

En Ourense, a candidata número 1 ao Congreso dos Deputados, Rocío de Frutos, manifestou “a importancia de distribuír o crecemento, algo que sempre foi un obxectivo socialista”, mentres que o líder da lista para o Senado, Luis García Mañá, anunciou “unha nova Lei de seguridade cidadán que respecte os dereitos individuais”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar