Besteiro: “Temos un proxecto para España cunha nova xeración de socialistas dispostos a comerse o mundo”

Besteiro: “Temos un proxecto para España cunha nova xeración de socialistas dispostos a comerse o mundo”

Besteiro: “Temos un proxecto para España cunha nova xeración de socialistas dispostos a comerse o mundo”

Besteiro: “Temos un proxecto para España cunha nova xeración de socialistas dispostos a comerse o mundo”

“Temos un gran líder e un magnífico proxecto”, afirma o secretario xeral do PsdeG, que pasa a formar parte da Executiva Federal elixida por Pedro Sánchez

A secretaria de Organización do PSdeG e número dous de Besteiro, Pilar Cancela, pasa a formar parte do Comité

2014-07-27_05-37-35O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, que foi ratificado esta mañá como membro da dirección federal do PSOE na Executiva elexida por Pedro Sánchez, afirmaba ao remate do discurso do novo secretario xeral que este xerou “moita calor no ambiente e sobre todo moita calor no corazón”. Besteiro asegurou que “deste Congreso sae un PSOE renovado, cun proxecto para España, cunha alternativa real e creíble para os cidadáns; temos un gran líder e temos un magnífico proxecto”.

O secretario xeral do PSdeG fixo unha valoración “moi positiva” do Congreso Federal, onde “se falou máis dos problemas da cidadanía que de temas orgánicos, e iso é un bo sinal”. Gómez Besteiro destacou que hai que interpretar os cambios no partido “cos tempos que vivimos” na sociedade. “Non nos centremos nos nominalismos, vexamos esta executiva como o que é, un proxecto para España cunha nova xeración de socialistas que están dispostos a comer o mundo”, dixo.

“Este ambiente de alegría non o pode cambiar nada. O secretario xeral tiña as mans libre para facer a Executiva e para formar un proxecto, quería integrar e obtivo un magnífico respaldo, porque están presentes os territorios e está presente un proxecto para España”, apuntou. En referencia ás críticas sobre a integración, afirmou que “a magnífica resposta dun 87% de refrendo a esa Executiva e á lista do Comité Federal desdin ese feito. É unha integración clara e proxecto novo, vendo as caras das persoas que están na Executiva vexo esa integración”. Na Executiva federal tamén ocupa un lugar como membro nato Abel Caballero, por ser o representante do PSOE na Femp.

Outra das novidades nos órganos federais é a incorporación da secretaria de Organización do PSdeG e número dous de Gómez Besteiro, Pilar Cancela, ao Comité Federal do partido, xunto con Carmela Silva, ata agora na Executiva federal, e coa continuidade dos galegos Mar Barcón e José Blanco.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar