Besteiro sostén que “tanto Feijóo como Cañete decidiron facer da campaña unha fuxida para non dar explicacións aos cidadáns”

Besteiro sostén que “tanto Feijóo como Cañete decidiron facer da campaña unha fuxida para non dar explicacións aos cidadáns”

Besteiro sostén que “tanto Feijóo como Cañete decidiron facer da campaña unha fuxida para non dar explicacións aos cidadáns”

“O cabeza de lista do PP segue sen pedir desculpas polo seu machismo”, afirma o líder dos socialistas galegos

Os socialistas lamentan que o presidente da Xunta “prefira non estar en Galicia e dar leccións de democracia en Cataluña e Andalucía”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, considera que o cabeza de lista do PP, Miguel Arias Cañete, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “fixeron desta campaña electoral unha fuxida para non dar explicacións as cidadáns”.

“A dereita ten un candidato, Miguel Arias Cañete, que demostrou o seu machismo, aínda non pediu desculpas e agora escóndese e anula as entrevistas electorais en medios de comunicación que non considera amigos”, asegura o líder dos socialistas, que participou esta tarde en dous mitines en As Pontes e Viveiro con Pedro Sánchez, deputado no Congreso e coordinador da conferencia política do PSOE.

O secretario xeral do PSdeG lamentou que Feijóo “en vez de pedir desculpas polas declaracións de Cañete, prefira quitarlles importancia e non asumir a realidade, xa pasaron 96 horas e seguimos esperando; o PP quitouse a careta e dixo o que realmente pensa das mulleres e da igualdade”.

En resposta ás palabras do presidente da Xunta, que dixo que o PSOE quere enganar á cidadanía e non falar das cousas importantes na campaña, Besteiro apuntou que “é verdade que a cidadanía quere escoitar explicacións; explicacións do paro, da débeda de máis de 9.000 millóns de euros da Xunta de Galicia, da emigración dos mozos e mozos ou do declive demográfico”.

Por iso, o secretario xeral dos socialistas galegos apelou “ao voto, que a xente vaia as urnas o domingo e poña fin a esta política de empobrecemento, desigualdade e falta de respecto ás mulleres; hai outra forma de facer política, como sempre fixemos os socialistas”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar