Besteiro sostén que “se o que sabemos da Operación Zeta non motiva unha comparecencia parlamentaria do presidente da Xunta, xa non sei que cousas poden motivala”

Besteiro sostén que “se o que sabemos da Operación Zeta non motiva unha comparecencia parlamentaria do presidente da Xunta, xa non sei que cousas poden motivala”

Besteiro sostén que “se o que sabemos da Operación Zeta non motiva unha comparecencia parlamentaria do presidente da Xunta, xa non sei que cousas poden motivala”

besteiroO secretario xeral do Partido Socialista de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe que “se o que xa sabemos da Operación Zeta non motiva unha comparecencia parlamentaria do presidente da Xunta e da conselleira de Traballo, xa non sei que cousas poden motivala”.

En resposta aos medios de comunicación, o líder dos socialistas galegos afirmou que “as últimas novidades deixan claro que o que PP consideraba unha reorganización de departamento era en realidade unha crise de goberno encuberta”.

“Son absolutamente prudente cando falo de responsabilidades penales, pero tamén ten que haber responsabilidades políticas polas continuas mentiras do PP”, manifestou. “Dixeron que a denuncia partiu deles e é falso, partiu de dúas traballadoras, á marxe de que o sumario apunta a un presunto financiamento irregular do Partido Popular e a unha trama de amizades que debe aclararse”, afirma.

“Teñen quen comparecer, o presidente Feijóo e a conselleira Beatriz Mato teñen que ir ao Parlamento, estamos nunha democracia o aos socialistas non nos interesan o máis mínimo as amizades persoais pero hai una investigación que apunta a existencia dunha trama de conseguidores e mediadores, a cidadanía merece información e explicacións”, engadiu.

Cortiñas de fume
Por outra parte, o deputado socialista Juan Carlos González Santín lembrou a reiterada negativa do presidente da Xunta e da conselleira de Traballo a comparecer no Parlamento para dar conta das “irregularidades administrativas” investigadas na Operación Zeta, e que inclúen financiamento irregular do PP ou tramas centradas nas amizades persoais do presidente da Xunta.

Advertiu que Feijóo “non pode agocharse detrás da conselleira de Traballo nin dos altos cargos cesados” neste departamento, xa que o caso “aféctalle directamente ao presidente da Xunta”.

Engadiu que “si Feijóo e o PP non entenden que teñen que dar explicacións a realidade é que non entenden nada do que está pasando” con estes graves casos de corrupción, co que “si non entenden o que pasa dificilmente poderán poñerlle remedio” mais alá de “intentar tender cortiñas de fume”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar