Besteiro sostén que os cinco anos de Feijóo como presidente da Xunta "tradúcense en máis impostos e máis débeda, menos emprego e peores servizos públicos"

Besteiro sostén que os cinco anos de Feijóo como presidente da Xunta "tradúcense en máis impostos e máis débeda, menos emprego e peores servizos públicos"

Besteiro sostén que os cinco anos de Feijóo como presidente da Xunta "tradúcense en máis impostos e máis débeda, menos emprego e peores servizos públicos"

“Con Núñez Feijóo o desemprego medrou nun 50%, a cidadanía é vítima cada día dun novo desmantelamento dos servizos públicos mentres a débeda da Xunta xa supera o Orzamento anual”, afirma

Os socialistas lembran que desde que Feijóo chegou á Xunta, “no lugar dun presidente temos un xerente que só recibe instrucións de Mariano Rajoy para axustar contas coa cidadanía”

Feijóo celebra os cinco anos no goberno cun novo “taxazo” que incrementa un 34% o canon da recollida do lixo

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, sostén que os cinco anos que hoxe cumpre Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta “tradúcense en máis impostos e máis débeda, menos emprego e peores servizos públicos”. Polo tanto, “saíronlle moi caros ao noso país, onde no lugar dun presidente temos un xerente que só recibe instrucións de Mariano Rajoy para axustar contas coa cidadanía. Pagamos máis ca nunca pero temos os peores servizos públicos nunha sociedade cada vez máis desigual, pobre e insegura”.

“No 2009 Feijóo firmou un contrato cos galegos no que se comprometera a rematar coa crise e o desemprego en 45 días; os resultados? o paro medrou un 50%, hai 280.000 galegos que non poden traballar e 70.000 mozos xa tiveron que marchar de Galicia mentres que Europa veu ao rescate dos gobernos do PP para controlar o desemprego xuvenil”, asegura o líder dos socialistas.

“Núñez Feijóo ten que explicar como é posible que o noso país teña máis impostos e peores servizos públicos cando el duplicou a débeda desde que é Presidente, aumentándoa de 4.800 millóns a 9.000 millóns de euros. Con Núñez Feijóo a Xunta xa ten máis débeda que Orzamento”, recalca Gómez Besteiro.

A economía galega medraba un 1,8% no 2008 pero, tras cinco anos de Feijóo, no 2013 caeu un 1,1%; o obxectivo da converxencia coa renda europea non fai máis que alonxarse e o noso país perdeu o seu sector financeiro, trala absorción do Banco Pastor polo Banco Popular e a venda das antigas caixas de aforro.

Desde que Feijóo gañou as eleccións, “aplicou un plan baseado en axustar contas coa cidadanía a cambio de enviar moita xente ao paro e pechar empresas, o que tivo como consecuencia a depresión da actividade económica galega”, afirma o líder dos socialistas. Pola contra, “non hai nada nos Orzamentos que permita pensar que o Goberno ten algunha proposta para intentar reactivar a economía ou levar a cabo políticas activas de emprego ou industriais”, engadiu.

Por iso, os socialistas galegos consideran que chegou o momento de “contraatacar” e demostrar que hai outra forma de facer política, unha política baseada na creación de emprego e na defensa dos servizos públicos e das pensións.

Hoxe, “no quinto aniversario en San Caetano, Feijóo celébrao subindo un 34% a taxa que lle cobra Sogama a todos os concellos, unha decisión deliberada que evidencia a súa falla de peso político en Madrid na reforma eléctrica”. Besteiro tamén bota en falla ese liderado na xestión dos sectores estratéxicos como o eólico ou o naval, ao que Núñez Feijóo lle prometera carga de traballo antes das eleccións autonómicas do 2012.

“Pero non satisfeito con todo isto, Feijóo quita a careta e amosa que é o mesmo que Rajoy apoiando a súa retrogada reforma da Lei do aborto, pasos atrás como tamén fixo na normalización do galego nas institucións ou na dirección dos medios de comunicación públicos”.

Por último, o líder dos socialistas galegos pídelle ao presidente da Xunta “que exerza de presidente no lugar de xerente, escoite á cidadanía e ao resto das forzas políticas. Ten enriba da mesa a miña proposta dun pacto polo emprego, así como para a reforma consensuada da Lei Electoral, e como terá a primeira proposición de lei dun partido en Galicia para loitar contra a corrupción”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar