Besteiro sostén que “o Partido Popular non pode volver gobernar nunha administración na que non cre, a dereita non se fía dos concellos”

Besteiro sostén que “o Partido Popular non pode volver gobernar nunha administración na que non cre, a dereita non se fía dos concellos”

Besteiro sostén que “o Partido Popular non pode volver gobernar nunha administración na que non cre, a dereita non se fía dos concellos”

16699786486_91858d1ba1_zO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou esta tarde na Coruña que “o Partido Popular non pode volver gobernar nunha administración na que non cre, a dereita non se fía dos concellos”.
O líder do PSdeG inaugurou o 'Foro cidadán: os concellos ao servizo das persoas', xunto a candidata á alcaldía socialista, Mar Barcón. “Somos un partido que representa os valores do municipalismo como sinónimo de comunidade sustentada na solidariedade e o apoio mutuo, que están en risco polo continuo ataque da dereita”, manifestou Besteiro.
“Por este motivo, a labor do PSdeG non é necesaria só desde un punto de vista dos valores senón tamén de como entendemos e de como exercemos os socialistas a política local; a nosa xestión municipal ten que servir como primeira barreira de protección social ante as consecuencias das políticas do PP que desgraciadamente todos coñecemos e sufrimos”, apuntou.
Na súa intervención, Besteiro aseverou que as premisas da dereita ante a crise foron que “todos tiñamos que pagar un prezo alto independentemente da nosa responsabilidade nela, o que se traduciu en austeridade indiscriminada, que o público tiña a culpa da crise e se debía proceder ao seu desmantelamento, polo que chegaron os recortes, as privatizacións e a supresión de gran parte do noso sistema de benestar”.
O secretario xeral do PSdeG lembrou que “a débeda dos concellos só supón un 3,9% da débeda sobre o PIB do conxunto do Estado, estando xa por debaixo dos 41.000 millóns, é dicir, a local é a única administración que está alcanzando os obxectivos de déficit prefixados”.
“Pero en todo caso, o exemplo máis claro de como a dereita comezou a executar as súas premisas de estigmatización do público o atopamos na lei de bases de réxime local, ante á que o Partido Socialista xa ten presentado recurso perante o Constitucional; esta reforma constitúe o paradigma de como o PP lexisla a favor de estimular a desigualdade e o empobrecemento”, dixo.
Dereita débil nos concellos
En opinión de Besteiro, “a dereita sabe que é débil nos concellos e no man a man co cidadán, e por iso reacciona desta maneira: involución democrática, tutela, recentralización, desigualdade, privatización, perda do benestar, precariedade no emprego e anemia dos servizos públicos”.
“Debemos recuperar catro anos de goberno perdidos pola dereita en todas esas cidades, desde os concellos é desde onde estamos mellor capacitados para exercer de contrapoder ás políticas empobrecedoras da dereita de Feijoo”, apuntou o líder do PSdeG.
Por último, Besteiro indicou que “os socialistas temos experiencia en desenvolver desde políticas públicas municipais que achegaron á cidadanía unha alta calidade de vida, nos debemos aos veciños e veciñas e cada esforzo que fagamos responderá á consecución de maiores cotas de benestar”.
“Os socialistas enfocamos os servizos públicos como a forma de resolver as necesidades da cidadanía a través da eficiencia, a transparencia e a sustentabilidade dos recursos públicos”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar