Besteiro sostén que o mercado de traballo “esmorece en Galicia, estamos á cabeza na destrución de emprego e na perda de poboación activa”

besteiroO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou hoxe que o mercado de traballo “esmorece en Galicia”, advertindo de que a comunidade autónoma “está á cabeza do conxunto de España en destrución de emprego e na perda de poboación activa”.
Nunha valoración dos datos da EPA, o líder dos socialistas galegos denunciou que “a taxa de actividade non deixa de caer, cada vez temos menos poboación activa”, lamentando que Galicia sexa ademais unha das tres comunidades autónomas nas que baixou a poboación ocupada no conxunto do ano 2014.
“Evolucionamos de forma diverxente ao resto de España e o máis preocupante e que temos un presidente da Xunta ao que non lle preocupan as cousas, Galicia perdeu o plus de resistencia que tiña hai algúns anos”, afirmou o secretario xeral do PSdeG.
Besteiro apuntou tamén que “a poboación xuvenil con emprego caeu en case 100.000 persoas desde a chegada de Feijóo, con milleiros de mozos e mozas que teñen que emigrar para atopar un posto de traballo”.
“Onte escoitabamos ao presidente da Xunta falar de obxectivos para o ano 2020, pero o que ten que facer é preocuparse polos problemas que temos no 2015, a economía galega e o mercado de traballo están en situación de absoluta parálise”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar