Besteiro sostén que a solución aos problemas de Feijóo “non pasa por facer un chamamento aos moderados do PSOE, se non por reter aos moderados do PP”

Teo 2O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou esta tarde en Teo que a solución aos problemas de Feijóo “non pasa por facer un chamamento aos moderados do PSOE, se non por reter aos moderados do PP”.

“Tarde se acordaron no PP dos moderados doutros partidos, despois de catro anos facendo as cousas moi mal fan un chamamento que ten que ir dirixido aos seus propios votantes, que fuxen a outras formacións pola súa forma de facer política”, asegurou o líder do PSdeG en Teo, onde fixo un percorrido a pé coa candidatura socialista liderada por Uxía Lemus pola N-550 para demandar “mellorar urxentes” na estrada.

“Agora o PP tamén fala de posibles pactos, pero leva anos apartado e sen querer consensos políticos, Feijóo sabe que están en soidade e busca posibles alianzas”, dixo Besteiro.

Con respecto ao mal estado da N-550, o secretario xeral do PSdeG lembrou que “é responsabilidade do concello e do resto das administracións, a conservación xeral das estradas nacionais por parte de Ministerio de Fomento foi desatendida desde hai tres anos e medio”.

Pola súa parte, a candidata Uxía Lemus engadiu que “esta andaina reivindicativa chega despois de presentar emendas aos orzamentos do Estado e varias iniciativas no Senado que non serviron para nada, os veciños reivindican melloras na N-550, moi perigosa a día de hoxe”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar