Besteiro sostén que “a medida que os veciños de Santiago coñezan o proxecto de Paco Reyes, vanse sumar ao cambio dos socialistas para recuperar o que foi esta cidade”

17454331139_87eb13c609_zO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe que “a medida que os veciños de Santiago coñezan o proxecto de Paco Reyes, vanse sumar ao cambio dos socialistas para recuperar o que foi e ten que volver a ser esta cidade”. O líder do PSdeG estivo nas Festas da Ascensión de Santiago xunto á candidatura socialista liderada por Paco Reyes. “Temos un gran proxecto para Compostela, queremos que a cidade recupere o impulso que sempre tivo e para iso é necesario un goberno solvente e crible”, apuntou Besteiro. “A capital de Galicia non necesita experiencias como

a desta lexislatura co Partido Popular, que provocou un retroceso para a cidade, moita xente votou ao PP no 2011 pero as maiorías absolutas da dereita non serviron para que os veciños estiveran mellor”, manifestou o secretario xeral dos socialistas galegos. Besteiro aposta por “recuperar a forza desta cidade, hai moitos cidadáns que a día de hoxe están indecisos e estou seguro de que votarán ao proxecto e o candidato socialista, o PSdeG quere uns concellos fortes”. “Feijóo leva tempo nervioso, volvo a repetir que máis que facer un chamamento aos moderados do PSOE, o que ten que facer é reter aos moderados do seu partido, fartos das políticas que aplicou o PP nos concellos nos últimos catro anos”, engadiu. Pola súa parte, Paco Reyes demandou “un transporte metropolitano que sirva para unir aos concellos comarca, temos que xerar crecemento económico e sinerxias entre os municipios, con proxectos de desenvolvemento local e prestando unha especial atención ao rural”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar